InicioEconomíaMáis de seis millóns de euros para centros de maiores e accións...

Máis de seis millóns de euros para centros de maiores e accións de benestar social

Ademais destínanse 140 mil euros para unha aplicación para móbiles sobre turismo, que "arrinca" na cidade de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo destina 6,5 millóns de euros a diferentes iniciativas relacionadas co impulso do benestar social, servizos públicos municipais ou sector gandeiro da provincia.

Así o anunciou o portavoz do goberno provincial, Álvaro Santos, tras a xunta de goberno. Deste montante, 2,2 millóns de euros serán “para a construción do centro de maiores da Pontenova”, onde o goberno local “xa ten os terreos” tras adquirir un espazo de 2.200 metros cadrados preto do núcleo urbano. “Esta dotación social contará con 50 prazas, trinta de residencia (para maiores) e 20 de centro de día”, concretou.

Ademais, consíganse 1,2 millóns de euros para a construción dun centro de maiores en Ourol e ofrecer outro cincuenta prazas a maiores. “Neste caso rehabilitaremos o colexio de Vicente Casabella que a Xunta pechou en 2015”.

Doutra banda, dedícanse 1,4 millóns de euros para un convenio con ACRUGA (Asociación de Criadores de Raza Loura Galega) nas próximas anualidades para mellorar a cabana de loura galega na provincia que conta con 576 explotacións, o 72 por cento de granxas que hai na comunidade autónoma.

Contempla dúas liñas de actuación, por unha banda, a promoción e recría de tenreiros de loura galega na Granxa Gayoso Castro coa que se potencia esta tipoloxía de vaca a través de programas específicos de recría, mellora xenética e posterior venda de exemplares, na súa maioría en poxas en todo o territorio lucense.

A segunda liña a promoción de vacas reprodutoras inscritas no rexistro genealógico, liña pioneira de axudas directas aos gandeiros na que ACRUGA intervén como intermediario. “Con esta liña daranse axudas de 500 euros a vacas reprodutoras de loura galega, ata 500 vacas, polo primeiro parto”, pormenorizou. Ademais destínanse 140 mil euros para unha aplicación para móbiles sobre turismo, que “arrinca” na cidade de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Hospitalizadas dúas persoas tras unha colisión frontal entre unha furgoneta e un turismo en Vilalba

Dúas persoas tiveron que ser trasladas polos servizos sanitarios tras producirse unha colisión frontal...

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...