InicioDeportesElena Candia recibe a tres atletas lucenses que acadaron senllos triunfos nas...

Elena Candia recibe a tres atletas lucenses que acadaron senllos triunfos nas súas especialidades

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Deportes, Damián Carballo, recibiron á atleta lucense Aldara Meilán para recoñecer unha tempada na que deu o salto definitivo á elite absoluta da marcha atlética.

A deportista da Atlética Lucense, de 19 anos, conseguiu en 2026 a medalla de bronce individual na media maratón do Campionato do Mundo de Marcha por Equipos de Brasilia, contribuíndo ademais á prata de España por equipos.

A estes resultados sumou o bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España absoluto de Málaga e a novena posición no Campionato de Europa absoluto de Birmingham.

Durante a recepción, Candia e Carballo trasladaron a Aldara o recoñecemento da cidade pola súa progresión, o seu esforzo e a súa capacidade para levar o nome de Lugo ás principais competicións nacionais e internacionais.

PALISTAS

Candia e Carballo tamén recibiron a Nicolás Martínez Adega e a Alejandro Pérez, palistas do Club Fluvial de Lugo, para recoñecer os seus últimos éxitos deportivos.

Nico Adega, especialista en paracanoe na categoría KL3, proclamouse campión do Mundo de maratón en 2025 en Győr, Hungría, e campión de Europa da mesma modalidade o pasado 26 de xuño de 2026, en Pitesti, Romanía. Compite ademais en KL3 200 metros e este ano participou coa selección española no Campionato de Europa de Sprint e Paracanoe de Montemor-o-Velho.

A súa traxectoria deportiva está marcada tamén por unha importante historia persoal de superación. Aos sete anos diagnosticáronlle un osteosarcoma na perna dereita e tivo que afrontar un longo proceso médico con numerosas intervencións e tratamentos. O piragüismo adaptado converteuse despois nunha nova vía deportiva que o levou ata a elite internacional.

Na recepción estivo tamén Alejandro Pérez, palista júnior do Club Fluvial de Lugo, que en 2026 conseguiu dúas medallas de prata no Mundial Júnior de Halifax, en C4 500 e C2 500, e un bronce no Europeo de Szeged en C2 500.

A alcaldesa e o concelleiro de Deportes felicitáronos polos seus éxitos e trasladáronlles unha mensaxe clara: Lugo está orgulloso deles e o Concello quere seguir ao seu carón, apoiando o seu talento, o seu esforzo e a súa proxección deportiva.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Lugo efectúa traballos de conservación en ventás arqueolóxicas

Nas últimas semanas, o Concello levou a cabo tarefas de limpeza, restauración e selado...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...