Home Deportes Ane Santesteban proba o percorrido da Ancares Cycling Marathon en Cervantes

Ane Santesteban proba o percorrido da Ancares Cycling Marathon en Cervantes

0
Ane Santesteban proba o percorrido da Ancares Cycling Marathon en Cervantes

O vicepresidente Efrén Castro achegouse este mércores a Doiras, en Cervantes, para seguir os traballos de recoñecemento dos percorridos da Ancares Cycling Marathon que se celebrará o vindeiro 9 de agosto co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Efrén Castro puido conversar coa ciclista Ane Santesteban, que encabezará o pelotón co dorsal número 1 e que esta mañá probou a bicicleta nun dos treitos que se incorpora este ano por primeira vez ao percorrido da carreira, na contorna do coñecido como Alto do Mirador de Ancares .

 A deportista vasca, con varias medallas en Campionato de Europa en Ruta e postos destacados en Giro, Tour e Vuelta,  valorou a beleza da paisaxe dos Ancares e o trazado deseñado pola organización para esta sexta edición da proba.

Efrén Castro agradeceu a participación de Ane Santesteban na proba, que nos últimos anos reforzou a súa aposta por dar visibilidade ao ciclismo feminino. Nese sentido, destacou que “a capacidade para traer grandes nomes do ciclismo a participar e para amosar novos itinerarios reflexa a vitalidade da proba que apoiamos desde a primeira edicion, convencidos de que o ciclismo é unha ferramenta extraordinaria para a promoción do territorio”.

Inscricións ata o 3 de agosto

A Ancares Cycling Marathon, que discorrerá por estradas de Pedrafita do Cebreiro, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e Becerreá, ofrece dous itinerarios, con distintas distancias e  niveis de dificultade para facilitar a participación de persoas afeccionadas ao ciclismo de todas as idades e condicións físicas.

Gran Fondo. 125 quilómetros,  cun desnivel acumulado de 3.218  metros,  e paso polos portos de O Lago (Becerreá), Catroventos, Mirador de Ancares, O Circo e Penas de Augarrubias.

Medio Fondo.  86 quilometros, cun desnivel acumulado de 1.928 metros, e un itinerario con paso polos portos de Mirador de Ancares, O Circo e Penas de Augarrubias. As inscricións poden realizarse na web do evento https://ancarescyclingmarathon.es/inscribete/ ata o 3 de agosto

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here