InicioDeportesO Cafés Candelas Breogán perde lastrado polo terceiro cuarto e os erros...

O Cafés Candelas Breogán perde lastrado polo terceiro cuarto e os erros nos tiros libres (83-69)

O equipo lucense chegou a ter unha máxima vantaxe de dez puntos (15-25) cun excepcional Emir Sulejmanovic, con 20 puntos, pero pagaron o seu paupérrimo nivel en tiros libres cun 56 % de efectividade, o seu mellorable acerto exterior e o comezo do terceiro parcial

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán perdeu ante Tecnyconta Zaragoza (83-69) nun partido determinado polo inicio negativo do terceiro cuarto. Ademáis, os lucenses pagaron o seu paupérrimo nivel dende o tiro libre cun 56 % de efectividade errando 10 tiros libres.

Despois dunhas primeiras posesións con equivocacións galegas (4-0), o Breogán atopou a brillantez. Con sendos mates de Romaric Belemente, atopaban vantaxes significativas (6-12 e 8-17). Emir Sulejmanovic era o líder do equipo xunto a un Elijah Millsap dando un paso adiante. Os tres cumprían o solicitado por Natxo Lezkano, primeiro adestrador breoganista.

Unha tripla de Johan Löfberg colocaba a máxima diferenza a prol do Breogán (15-25). Respondía Zaragoza cun parcial de 6-0. O equipo local igualaba cun mate do pivote lucense Fran Vázquez (31-31) e cunha tripla de Stan Okoye colocábanse por diante (34-32). Cunha canastra contra táboa de Sulejmanovic chegábase ao descanso (37-36) con mínima vantaxe zaragozana.

O comezo do terceiro cuarto foi decisivo que, tras unha canastra de Johnny Berhanemeskel, colocábase con 13 puntos a favor (51-38). Zaragoza acertou nas triplas co paso dos minutos. Dende aí, o Breogán tivo que nadar a contracorrente cun Sulejmanovic sempre liderando o intento de reacción, que chegou a colocarse a catro puntos con cinco puntos consecutivos de Lucio Redivo (63-61). Unha tripla de Stan Okoye e Berhanemeskel abría novamente diferenzas (68-61). E máis cunha tripla de Carlos Alocén (71-63). Os lucenses seguiron percutindo. Pero unha tripla de Nacho Martín decidiu case totalmente (77-69).

Basket Zaragoza rematou coa súa máxima vantaxe (83-69).

Emir Sulejmanovic foi o máximo anotador breoganista, con 20 puntos, seguido por Lucio Redivo, con 14.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...