O compostelán Manu Barreiro foi presentado este mediodía coma nova dianteiro do Club Deportivo Lugo até o 30 de xuño de 2022. Mentres tanto, o tamén dianteiro Jean Marie Dongou marcha cedido ao Lleida Esportiu até final de tempada con opción de compra se o equipo ilerdense ascende á La Liga 1|2|3.
Emilio Viqueira, director deportivo do Club Deportivo Lugo, recalcou que a operación de Manu Barreiro foi un “traspaso” e “gran parte do que paga” o Lugo é financiado polo propio Barreiro, segundo Viqueira.
O dianteiro compostelán Manu Barreiro afirmou que a operación foi un “pouco de sopetón, precipitada”. “Téñoo falado moito coa miña muller e rirnos. Sempre se dicía que tiven cada ano ofertas do Lugo e a primeira que teño é a que tiven de Emilio (Viqueira). Sempre me parecía raro porque nunca recibín oferta formal até este ano”, explicou sobre a súa fichaxe. Lembrou que coñece “a todos” os xogadores e viu “case todos” os partidos do equipo lucense nesta tempada.
Barreiro engadiu que quere “estar tranquilo, vir só adestrar pensando no fútbol”, algo que “non” tiña no Gimnàstic de Tarragona. Tamén engadiu que “o estilo de xogo” foi decisivo na súa fichaxe do Club Deportivo Lugo. “Sempre me gustou moito pola súa idea de xogo”, resumiu, non sin antes lembrar que é un conxunto que realiza moitos “centros” e el definiuse coma un “rematador”. “Eu síntome moi ben físicamente, nun dos meus mellores momentos tanto físico coma persoal”, describiuse.
Sobre o equipo, opinou que ten “inicios de partido moi, moi bos” e “podían ter algúns puntos máis”. “Sempre somete aos equipos rivais e son protagonistas dende o comezo”, resumiu.
A nivel individual, cre que pode aportar a súa “experiencia, un pouco de xogo aéreo” e é un xogador que lle “gusta combinar”.
Por outra banda, comentou que “sempre cando volvía a casa era especial”, aínda que tiña que “sofrer” porque os lucenses facían o campo “moi ancho e moi longo”.