InicioDeportesO Lugo empata ante un Extremadura U.D. superior (1-1) e confirma o...

O Lugo empata ante un Extremadura U.D. superior (1-1) e confirma o traspaso de Vasyl Kravets

Os lucenses foron sometidos polo equipo de Almendralejo durante a primeira metade, pese a marcar na súa primeira ocasión. Na segunda metade, Juan Carlos Martín detivo un penalti a Enric Gallego. Ao remate do partido, Alberto Jiménez Monteagudo e o club confirmaron o traspaso de Vasyl Kravets ao C.D. Leganés

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo empatou fronte o Extremadura U.D. (1-1) nun partido no que foi sometido maioritariamente polo conxunto de Almendralejo. Os lucenses, coas baixas finais de Eduard Campabadal e Luis Ruiz, xogaron cun esquema de tres centrais: Borja San Emeterio, que debutaba en Liga; Miguel Vieira e Josete Malagón. Como carrileiros, competiron Iriome por banda dereita e José Carlos Lazo por esquerda.

Pese a todo, o Lugo marcou na súa primeira ocasión. Foi no minuto 6, cando Carlos Pita aproveitou unha deixada de “Josete” Malagón nun saque de esquina botado por José Carlos Lazo. Dende aí, o Extremadura dominou o balón, foi superior en mediocampo, atopou espazos ás espaldas dos pivotes albivermellos e provocou erros na saída de balón do Lugo. No minuto 19, erro de Miguel Vieira, Enric Gallego, máximo goleador da categoría, cede a Willy, cuxo disparo é desviado por Vieira que corrixiu a súa equivocación previa. O balón marchou a saque de esquina. No minuto 25, fantástico pase de Enric Gallego cara o desmarque de Kike Márquez que, no un para un contra Juan Carlos Martín, disparou frouxo. Os lucenses apenas tiñan opcións. Dito o cal, unha conducción de Lazo en contragolpe non foi finalizada por Cristian Herrera por escasos centímetros. O Extremadura continuaba a tentar o empate. No minuto 40, xogada individual de Enric Gallego que desbarata Miguel Vieira. Cun centro perigoso de Iriome e Carlos Pita finaliza a xogada cun zurdazo fóra dende fóra do área remata o primeiro período.

A segunda metade comezou co empate no primeiro minuto da reanudación: remate potente de Kike Márquez no primeiro pau despois dun centro de Roberto Olabe co exterior. A segunda parte foi máis igualada, con menos posesión do Extremadura, pero pouca fluidez dos lucenses. No minuto 61, José Carlos Lazo atopa a Dani Escriche, que filtra un pase a Cristian Herrera, que remata fóra tentando buscar o primeiro pau. Cinco minutos despois, comezou a exhibición de Juan Carlos Martín desviando un testarazo axustado de Gio Zarfino despois dunha falta indirecta botada por Kike Márquez. Un minuto despois, penalti a prol do Extremadura, que parou Juan Carlos Martín pese a tiro colocado e potente de Enric Gallego, pichichi da competición. O partido rematou cunha falta directa lanzada fóra por Juan Muñiz.

Ao remate do partido, confirmouse oficialmente o traspaso de Vasyl Kravets ao C.D. Leganés, que asina até o 30 de xuño de 2023 con opción a unha tempada máis. Alberto Jiménez Monteagudo, primeiro adestrador albivermello, confirmouno en rolda de prensa e, posteriormente, oficializárono os clubes.

 

 

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...