InicioDeportesNatxo Lezkano cifra en "12, 13, 14" as vitorias precisas para a...

Natxo Lezkano cifra en “12, 13, 14” as vitorias precisas para a permanencia

O primeiro adestrador breoganista adiantou que Christian Díaz está a sofrer un "proceso gripal", Salva Arco "tamén estivo" e Lucio Redivo "está dorido" e deberán decidir se o escolta arxentino viaxa ou non a Barcelona

PUBLICADA O

- Advertisement -

Natxo Lezkano, primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán, compareceu na rolda de prensa previa ao partido contra o Fútbol Club Barcelona o domingo 13 de xaneiro no Palau Blaugrana a partir das 20:30 horas na decimosexta xornada da Liga Endesa.

Lezkano adiantou que Christian Díaz “está enfermo, non adestrou ningún día, está cun proceso gripal; Salva Arco tamén estivo (con gripe), agora está un pouquiño mellor” e Lucio Redivo “esta semana está dorido”. “Estámonos a plantexar que viaxe co equipo ou non”, comentou sobre Redivo. “Estamos a ser prudentes, seguindo as recomendacións do servizo médico, estase a integrar pouco a pouco no equipo, está a facer algún exercicio co grupo”, contestou sobre o base Ricardo Úriz. “Non prevexo que vaia xogar a moi curto prazo, pero xa se ve un pouco a luz ao final do túnel”.

O primeiro adestrador breoganista cifrou en “12, 13, 14” as vitorias precisas para a permanencia.

Valorou que o Barça “ten o mesmo corpo técnico que a tempada pasada e a continuidade sempre é boa, así como unha base de xogadores” e “están a un gran nivel”. Comentou que “defenden moi ben, apenas permite tiros cómodos, sobre todo tiros preto da canastra, protexen moi ben o seu aro, son un equipo moi físico, cunha mentalidade defensiva importante, moi atentos a liñas de pase” e subliñou que “son o mellor equipo da liga en rebote ofensivo”, así como “dous bases nun estado de forma boísimo”. Engadiu que “teñen que darse uns circunstancias moi concretas para poder gañar”.

Pola súa banda, Tadija Dragićević, ala-pivote breoganista que debutou na pasada xornada, foi valorado do seguinte xeito por Quique Fraga, director deportivo do Breogán: “É un catro, un xogador polivalente, pode facer moitas cousas en ataque e ten experiencia dabondo para axudar no obxectivo, que é a salvación”.

Dragićević afirmou que o equipo lucense é “un histórico” e nunha “liga moi boa coma é a ACB”. Comentou que Nikola Lončar, ex xogador do Breogán, e Aleksandar Cvetkovic, actual base-escolta breoganista, déronlle “moi boa información sobre o club e a cidade”. Engadiu que está a “desfrutar moito co pavillón”“Podo abrir o campo, sobre todo, podo xogar tamén no poste baixo, podo penetrar, son bo pasador”, describiuse.

ÚLTIMAS

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...

María Reigosa rompe co PSOE no seu primeiro pleno tras a renuncia e vota co PP para esixir melloras nun barrio de Lugo

A edil do Concello de Lugo María Reigosa desmarcouse do Grupo Municipal Socialista e...

Rebaixan a pena dun agresor sexual de 27 a 3 anos ao pagarlle 150.000 euros á vítima

A Audiencia provincial de Lugo pechou este xoves o caso dun home acusado de...

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...