InicioDeportesJuan Carlos Martín: "Esta debe ser a liña que ten que levar...

Juan Carlos Martín: “Esta debe ser a liña que ten que levar o equipo”

O porteiro de Club Deportivo Lugo afirmou que teñen "un grupo san e un corpo técnico que está a axudar moito"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Juan Carlos Martín, porteiro de Club Deportivo Lugo, compareceu en rolda de prensa este mediodía. O Lugo visitará á Unión Deportiva Almería no estadio Juegos del Meditérraneo o domingo a partir das 20 horas na decimoitava xornada de La Liga 1|2|3.

O gardamallas de Guadalajara afirmou que “esta debe ser a liña que ten que levar o equipo”, “é impotante encaixar pouco para acadar bos resultados nesta categoría”, “o equipo, ao mellor, expón máis na casa que fóra, e non ten que ser así”, mais o conxunto lucense “competiu moi ben en todos” o estadios. Lembrou que “non” deben “obsesionarse” cos números de puntuación entre xogar en Lugo e coma visitante. Tamén recoñeceu que “hai que corrixir algunhas cuestións”. Loubou que teñen “un grupo san e un corpo técnico que está a axudar moito”.

Sobre os goles encaixados a balón parado, contestou que “é un tema de concentración, saber o que tes que facer: se che toca marcar, a quen tes que marcar; se che toca estar ao rexeite ou acudir ao dous contra un, saber o que tes que facer”.

Sobre a Unión Deportiva Almería, vindeiro rival, opinou que é un “equipo intenso”, que lle “gusta”, “sen ter grandes nomes como outros anos, ten fame, sabe o que quere, é un equipo parecido a Osasuna, que apreta moi ben, no seu campo están acadando bos resultados, están realmente ben”.

“Dende que cheguei estou moi ledo. Atópome moi cómodo. O ben de todos é o ben persoal”, comentou a título individual.

Por último, respondeu que ten “unha competencia dura, pero san” con Alberto Varo e Pablo Cacharrón, os outros dous porteiros da primeira plantilla de Club Deportivo Lugo.

 

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...