InicioDeportesConvenio entre Club Deportivo Lugo e Pescados Rubén Burela Fútbol Sala

Convenio entre Club Deportivo Lugo e Pescados Rubén Burela Fútbol Sala

O acordo establece accións de responsabilidade social conxuntas, promoción de entradas e abonos, a creación do "Día de Burela" e "Día do C.D. Lugo", unha peña do Club Deportivo Lugo en Burela e sinerxias nas canles comunicativas oficiais dos dous clubes

PUBLICADA O

- Advertisement -

Club Deportivo Lugo e Club Deportivo Pescados Rubén Burela Fútbol Sala anunciaron este mediodía un convenio para o “crecemento social, económico e deportivo” de ámbalas dúas entidades.

Mediante o acordo, estableceranse sinerxias, tales como accións de responsabilidade social, actos conxuntos, promoción de entradas e abonos, así como a creación do “Día de Burela” e “Día do C.D. Lugo” que permitirán aos abonados dos dous clubes ir a un partido de Liga no Ángel Carro lucense e no Vista Alegre burelense, unha peña do Club Deportivo Lugo en Burela e información común nas canles comunicativas oficiais dos dous clubes.

Tino Saqués, presidente do Lugo, declarou que ao Burela “non se lle da a importancia que ten” e “é importante que en Lugo lle demos importancia e sexa coñecido”. “Parece que do Fiouco para alá non hai nada porque realmente parece que a costa está alonxada da capital”, afirmou. Engadiu que “non é un convenio encriptado, senón aberto a máis opcións”.

Manuel Blanco, presidente do Club Deportivo Pescados Rubén Burela F.S., afirmou que “é xuntar Lugo e A Mariña” e subliñou que queren crear unha peña do Club Deportivo Lugo en Burela.

Ademáis, Tino Saqués respondeu que, a nivel deportivo, co cambio de adestrador “estase a notar un cambio sustancial no xeito de xogar, en ir a polos partidos”, así como un “fútbol diferente e gañador”.

“Se aparecen oportunidades nalgún posto que pensemos que é preciso evidentemente poderemos facer uso”, respondeu o presidente albivermello sobre o mercado de fichaxes en xaneiro.

Saqués recoñeceu tamén que a afluencia de espectadores “baixou considerablemente con respecto ao ano pasado”.

Sobre a academia deportiva de San Fiz, espera que “cedo” teñan a “cesión dos terreos”, pero “non hai unha data”. Para esta cesión, precisan unha fundación e están “co trámite”.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...