InicioDeportesO Breogán gaña o derbi galego nunha exhibición defensiva (69-56)

O Breogán gaña o derbi galego nunha exhibición defensiva (69-56)

Os lucenses venceron ao Monbús Obradoiro despois de só encaixar 9 puntos en cada un dos dous primeiros cuartos e impoñer o seu ritmo no treito final

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán sumou a súa segunda vitoria da tempada en Liga Endesa ao vencer ao Monbús Obradoiro (69-56).

Os lucenses foron superiores dende o comezo. Nos primeiros intres, e pese a lesión de Tarence Kinsey, o Breogán asinaba xa un 10-2 baseado nunha magnífica defensa e no seu maior acerto ofensivo. O Obradoiro só foi capaz de anotar 9 puntos en cada un dos dous primeiros cuartos. Nacho Llovet, ala-pívot do equipo de Compostela, aportou 9 puntos nos dous primeiros cuartos. Os breoganistas vencían xa ao descanso por 13 puntos (31-18) ante un Obradoiro que só anotou 4 canastras de campo até o descanso. Os lucenses, incluso, desaproveitaron opcións dabondo para ampliar diferenzas.

No comezo do terceiro cuarto, Kostas Vasileaidis anotou dúas triplas consecutivas e Obradoiro comezaba a ter máis fluidez na anotación. Pese a todo, o Breogán mandaba ao final do terceiro período polos mesmos 13 puntos que ao descanso despois dunha penetración de Lucio Redivo na última posesión e unha interesante aportación de Jöhan Lofberg.

No último cuarto, o Obradoiro chegou a colocarse a 4 puntos (55-51), pero o poderío na zona de Jerome Jordan, o liderazgo de Sergi Vidal e unha tripla de Aleksandar Cvetkovic certificaban a vitoria lucense.

Sergi Vidal e Lucio Redivo foron os máximos anotadores do Breogán con 12 puntos, polos 14 de Nacho Llovet en Obradoiro.

 

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...

Denuncian un veciño de Lugo por depositar restos de obra en contedores de lixo doméstico

A Policía Local de Lugo denunciou ao responsable dunha vertedura ilegal na cidade, que...