InicioDeportesSergio Gil mellora a un Lugo que suma un empate (0-0)

Sergio Gil mellora a un Lugo que suma un empate (0-0)

Javi López sustituiu a Cristian Herrera por Sergio Gil no minuto 35 e, dende aí, os lucenses tiveron máis control do xogo, pese a que apenas contaron con tres ocasións en todo o partido

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo igualou sen goles na visita ao Club Deportivo Tenerife (0-0) e suma nove puntos neste inicio de Liga.

O Tenerife dominou ao comezo con máis posesión de balón e máis chegadas, especialmente protagonizadas polo extremo dereito, Suso Santana. De tódolos xeitos, o equipo tinerfeño non gozou de ocasións excesivamente claras.

No minuto 35, Javi López, adestrador albivermello, sorprendeu cun cambio táctico: introduciu a un mediocentro, Sergio Gil, por un dianteiro, Cristian Herrera. Dende aí, o Lugo tivo máis posesión, gañou confianza arredor do balón e controlou máis o xogo. Gil deu coherencia a cada posesión. O Lugo pasou a formar un trivote con Carlos Pita, Fernando Seoane e o propio Sergio Gil, pero só un dianteiro, Jean Marie Dongou, que baixaba a recibir continuamente a campo propio. Dongou loitou, pero cada vez que se xiraba e conducía as contras non atopaba a ninguén ou case ninguén por diante de balón facilitando liñas de pase. Só unha arricanda de Luis Ruiz, lateral esquerdo titular hoxe, rematou en finalización en toda a primeira parte.

Na segunda metade, comezou mellor o Lugo cun sobresaliente Sergio Gil. Unha conducción do aragonés rematou cun disparo axustado pero fóra de José Carlos Lazo. No minuto 59, José Luis Oltra, adestrador dos locais, retirou a un dos seus tres centrais, Carlos Ruiz, e incorporou a un extremo, Joao Rodríguez. Era a súa resposta ante o dominio do Lugo tralo troco introducido por Javi López. Joao Rodríguez aportou descaro, agresividade e desequilibrio. O Tenerife mellorou e gozou de máis e mellores chegadas. Así a todo, o Lugo tivo unha clara ocasión de José Carlos Lazo no minuto 88 nun contragolpe, pero excedeuse en recortes.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...