InicioDeportesSergi Vidal: "A miña experiencia está ao servizo do club para todo"

Sergi Vidal: “A miña experiencia está ao servizo do club para todo”

O escolta catalán afirmou que a súa fichaxe "foi cuestión de horas" e explicou que "amosaron en todo momento moito interese"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O escolta Sergi Vidal foi presentado este mediodía coma novo xogador do Club Baloncesto Breogán.

Sergi Vidal afirmou que a fichaxe “foi cuestión de horas” e explicou que, “no verán, o Breogán mostrara interese” para contratalo e “amosaron en todo momento moito interese”. Lembrou que no Joventut de Badalona tiña “unha situación complicada onde non contaba con minutos”. “Adestrara duro en verán e sentíame ben”, asegurou. O escolta, de 37 anos e 1.99 metros de estatura, declarou que quere “desfrutar mucho e facer desfrutar co equipo”. Reivindicou que “o equipo ten calidade dabondo para acadar vitorias”. Amosouse “súperilusionado” nesta nova etapa. “A miña experiencia está ao servizo do club para todo, para a pista, para o vestiario, para os xoves, para tódalas partes que conleva ser un xogador profesional”.

Sobre a súa situación física (non competiu nos dous últimos partidos amigables), contestou que lle “apetece moito xogar”, mais “non” van “arriscar máis da conta”. A primeira xornada da Liga Endesa é contra o Club Joventut de Badalona, o seu equipo procedente, e comentou que “sempre xogar contra ex equipos é especial”.

O Breogán busca un sustituo do pívot Henk Norel, lesionado. Jerome Jordan, ex compañeiro de Vidal no Joventut, é a primeira opción. Vidal respondeu que “sería unha gran incorporación”. “A moitos xogadores na súa primeira tempada en Liga ACB custaralles adaptarse. É un xogador que xa estivo en equipos ACB e esa adaptación xa a terían feita”, reflexionou.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...