InicioDeportesO Real Oviedo domina e contragolpea (0-2)

O Real Oviedo domina e contragolpea (0-2)

O Club Deportivo Lugo foi inferior ao equipo ovetense, que marcou por medio do ex albivermello Joselu Moreno e Javi Muñoz, aínda que os lucenses xeraron dabondo para marcar algún gol

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo perdeu contra o Real Oviedo (0-2) na quinta xornada de La Liga 1|2|3. O Lugo comezaba coas novidades de Miguel Vieira, Giorgi Aburjania, Dani Escriche e Cristian Herrera. Precisamente, no primeiro minuto, Escriche abría a Iriome, que centraba e non cabeceaba con precisión Aburjania. Aos 6 minutos, Christian Fernández cabeceaba centrado, pero a bocaxarro, á saída dun córner e paraba Juan Carlos Martín. Intres despois, pase filtrado de Ramón Folch, o ex albivermello Joselu Moreno lanzaba o desmarque e cruzaba a gol ante a saída de Juan Carlos para marcar o 0-1.

O Oviedo dominou claramente a primeira metade. O Lugo só creaba perigo con faltas indirectas botadas por Kravets. Así, no minuto 20, o lateral esquerdo ucraíno lanzaba unha falta indirecta e Carlos Pita non chegaba a rematar. Segundos despois, o Oviedo respostaba cun disparo de Yoel Bárcenas, que blocaba Juan Carlos. No minuto 23, centro de Kravets e Escriche cabeceaba alto. No minuto 35, nova falta indirecta: Kravets centra, Escriche peiteaba e o cabezazo de Carlos Pita era detido por Alfonso Herrero, porteiro oviedista. Con 0-1, chegaba o descanso.

No inicio da segunda meta, amago de reacción do Lugo. Aos dous minutos, xogada individual de Iriome: primeiro, un cano; posteriormente un taconazo. Na segunda xornada, Serge Leuko centra e o balón remata en saque de esquina. De tódolos xeitos, Yoel Bárcenas volvía ameazar no minuto 53 cun centro perigoso. Un minuto despois, balón longo e Saúl Berjón toca levemente, mais bloca Juan Carlos.

E, no minuto 56, o 0-2: magnífico contragolpe do Oviedo, balón longo para Saúl Berjón, éste abre a Joselu Moreno, que cede cara atrás para que Javi Muñoz fusilara para o 0-2. Javi López movía ficha, sustituía a Bernardo Cruz, entraba Antonio Campillo coma mediapunta e Carlos Pita xogaba como central. No minuto 59, centra Iriome e o taconazo de Escriche era desviado pola defensa oviedista. Dous minutos despois, centro de Pita e Iriome remata cruzado en boca de gol para, acto seguido, centrar novamente Pita e Josep María Mossa despexaba a córner.

O Oviedo ameazaba ao contragolpe. Tremenda carreira de Leuko e, posteriormente outra de Miguel Vieira, para cortar sendos desmarques de Joselu. No minuto 67, Saúl Berjón disparaba alto dende fóra do área. No minuto 75, contra do Oviedo, balón para José Verdú “Toché” que remata e desvía Juan Carlos. Novamente, no 77, “Toché” era protagonista cando asistía a Yoel Bárcenas e o seu tiro era parado por Juan Carlos. No 82, falta directa ao longueiro de Aarón Ñíguez, incorporado dende o banquillo. Ata o 83, non volveu xerar o Lugo en ataque cun centro de Kravets que remataba, de zurda e alto, o diestro Giorgi Aburjania.

A partir de aí, Juan Muñiz, tamén entrando dende o banco, creou perigo cunha falta directa, dúas faltas indirectas e unha cuarta xogada cun centro que Alfonso Herrero desviaba de puños. Cun centro de Aarón Ñíguez que non atinaba a cabecear a gol Edu Cortina remataba o partido.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...