InicioDeportesTomé Roca: "Lugo é unha potencia no deporte, en particular no feminino"

Tomé Roca: “Lugo é unha potencia no deporte, en particular no feminino”

O Pavillón Municipal de Deportes de Lugo acollerá dende o 11 ao 13 de febreiro a 47ª edición da Copa da Raíña de Voleibol.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este martes no Pavillón
Municipal de Deportes de Lugo na presentación da 47 edición da Copa da Raíña de Voleibol, que terá lugar do 11 ao 13 de febreiro na capital lucense.

O mandatario provincial destacou a importancia desta cita, que demostra que “a provincia de Lugo é unha potencia no deporte, en particular no deporte feminino, conta con equipos en practicamente todas as disciplinas deportivas, temos unha afección de primeiro nivel e temos unha sólida e longa tradición de traballo”.

“Un traballo”, subliñou, “que exemplifica o club Emevé, todo un referente, non xa no voleibol, senón para o deporte galego e nacional”. O Club Arenal Emevé será o anfitrión desta competición que congregará por primeira vez na cidade de Lugo aos seis mellores equipos ao final da primeira volta da Liga Iberdrola.

No acto tamén participaron a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; a presidenta do Arenal Emevé, Bibi Bouza, o Secretario Xeral para o Deporte en Lugo, José Ramón Lete; o Vicepresidente da Federación Española de Vóleibol, José Ángel Luna; e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.

Acoller a Copa da Raíña de Voleibol poñerá á nosa provincia no foco de moita xente, das propias deportistas, dos equipos técnicos, dos familiares, dos afeccionados a este deporte e do público en xeral”, sinalou o mandatario provincial.

Polo tanto, engadiu, “esta competición é tamén unha boa maneira de dar a coñecer e de promocionar a provincia de Lugo, unha proxección que terá un impacto sobre o turismo e sobre a economía a curto prazo, pero, con toda probabilidade, tamén a medio prazo”, afirmou Tomé Roca.

“A provincia de Lugo ten unha gran canteira de deporte feminino, no voleibol, no fútbol sala, no atletismo ou no baloncesto, e dende a Deputación imos seguir respaldando o traballo de todos os clubes que, como o Arenal Emevé, loitan por manter os seus equipos femininos no máis alto do deporte galego e nacional”, afirmou o mandatario provincial durante a presentación da 47ª edición da Copa da Raíña de Voleibol.

ÚLTIMAS

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Ratifican sete meses de cárcere para unha nai de Lugo que impediu visitas ao seu fillo por parte dos avós

O Tribunal Supremo confirmou a condena a unha muller de Lugo por un delito...

Finalizan as obras para mellorar o sistema de saneamento do Cebreiro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición...

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...