InicioDeportesO porteiro lucense Pablo Cacharrón renova co Club Deportivo Lugo

O porteiro lucense Pablo Cacharrón renova co Club Deportivo Lugo

O gardamallas asinou un acordo ata 2020 cunha opción de prorroga ata 2022

PUBLICADA O

- Advertisement -

O porteiro lucense Pablo Cacharrón renovou co Club Deportivo Lugo polas dúas vindeiras tempadas, é dicir, ata o 30 de xuño de 2020. Ao rematar este acordo, poderá prorrogarse a vinculación por dúas tempadas máis, ata 2022.

O gardamallas lucense adestra habitualmente co primeiro equipo de Club Deportivo Lugo. Foi convocado en partidos de La Liga 1|2|3 nas pasadas tres tempadas. Competiu en encontros amigables coa camisola albivermella, mais non debutou en choque oficial. Na pasada campaña, foi un xogador máis do primeiro equipo en cada adestramento. Adestra con diferente frecuencia coa primeira plantilla dende 2013.

Cacharrón, de 21 anos, ascendeu a tempada pasada co Club Deportivo Lugo B a Terceira División na penúltima xornada de liga proclamándose campión de grupo e tamén campión absoluto de Preferente. Foi agasallado co galardón ao “porteiro menos batido” de Preferente Norte por parte da Real Federación Galega de Fútbol (FGF).

 

 

ÚLTIMAS

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu este venres á...

Detida unha muller en Lugo por presunta simulación de roubo con forza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha muller como presunta...

A Deputación de Lugo investirá un millón de euros en estradas e adquisición de nova maquinaria

A Deputación de Lugo deu a coñecer un novo paquete de investimentos que supera...

Candia debuxa un goberno local “descoordinado e pouco ambicioso” no seu balance político de 2025 en Lugo

O Grupo Municipal Popular de Lugo presentou este venres o seu balance de actividade...