InicioDeportesConfinados dous trabalaldores do Breogán por un positivo dun xogador do Granada

Confinados dous trabalaldores do Breogán por un positivo dun xogador do Granada

Os xogadores, de distintos países, que conforman o persoal xa están de "vacacións" e moitos deles trasladáronse aos seus respectivos países.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous traballadores do Club Baloncesto Breogán atópanse confinados por precaución despois do positivo por Covid-19 dun xogador do Granada, ao que se enfrontaron a semana pasada, e dun asistente do club andaluz.

Así o confirmaron fontes do club lucense, que explicaron que o conxunto se enfrontou a pasada semana ao Granada polo ascenso á liga ACB, que levou o Breogán, e que conduciu a distintas celebracións desde o balcón do Concello de Lugo e no Pazo Universitario.

Tras coñecerse o positivo en Granada, realizóuselle probas PCR a todo o persoal, con resultado negativo, do mesmo xeito que ao corpo técnico e directivo do equipo lucense.
Agora queda por coñecerse os resultados a eses dous traballadores, que se atopan en corentena ou illados nas súas casas “por precaución”, aínda que fontes do club aseguran que “non senten nada” con respecto á Covid.

Os xogadores, de distintos países, que conforman o persoal xa están de “vacacións” e moitos deles trasladáronse aos seus respectivos países, segundo sinalaron estas mesmas fontes do club baloncesto Breogán.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...