InicioDeportesO Club Deportivo Lugo visitará ao Albacete Balompié en Copa do Rei

O Club Deportivo Lugo visitará ao Albacete Balompié en Copa do Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo enfrontarase ao Albacete Balompié na segunda rolda da Copa do Rei no estadio Carlos Belmonte albaceteño, segundo o sorteo efectuado na Real Federación Española de Fútbol. A eliminatoria, a partido único, terá lugar o mércores 12 de setembro, aínda que a data está pendente de confirmar. Segundo informa Isaac Fouto en iusport.com, o sorteo de cruces entre clubes de Segunda B e Terceira repetirase esta tarde ás 19 horas por un erro na aplicación do regulamento.

Os lucenses venceron en Albacete na tempada 2017-2018 na cuarta xornada cun gol de Iriome González (0-1) conquistando a primeira vitoria ligueira.

Na Copa do Rei da campaña pasada, os lucenses chegaron á terceira rolda, onde foron eliminados polo Real Zaragoza en La Romareda (1-0). Antes, superaran ao Gimnàstic de Tarragona no Nou Estadi tarraconense (1-1 e vitoria nos penaltis).

Por outra banda, La Liga confirmou que o Lugo visitará ao Granada C.F. na segunda xornada de Liga o domingo 26 de agosto a partir das 20:30 horas. O partido será televisado en directo por LaLiga123TV.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...