InicioDeportesO Lugo amence con mal sabor de boca trala derrota e a...

O Lugo amence con mal sabor de boca trala derrota e a polémica contra o Zaragoza (1-3)

Nin o árbitro nin o VAR sancionaron unha man de Eguaras xusto antes do primeiro gol.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O primeiro partido do Lugo na casa tras o parón da pandemia non resultou tan satisfactorio como a sensación de poder volver rodar o balón no Anxo Carro. No encontro co Real Zaragoza, os maños cortaron a progresión do Lugo (1-3), que levaba catro partidos sen perder. O deste martes non estivo exento de polémica a raíz dun tanto do xaponés Kagawa tras unha man de Eguaras que nin o árbitro nin o VAR sancionaron.

“A xogada do 0-1 ten que ser invalidada”, sostivo o entrenador dos albivermellos, Curro Torres, tras finalizar o partido. O técnico xa adiantaba que o Zaragoza era “dos mellores da categoría” aos seus ollos, pero os ánimos cos que chegaban polos últimos resultados facíanlles confiar.

Porén, non foron quen de transformar esa moral alta en puntos. Os de Curro Torres terán que estar pendentes do que fagan este mércores os catro equipos que o perseguen e que disputarán dous encontros directos: Oviedo-Dépor e Estremadura-Albacete.  O conxunto maño, en cambio, consegue tres puntos que o poñen líder de LaLiga Smartbank polo menos ata o xoves.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...