InicioDeportesA lucense Esther Castedo entra na prelista para o Europeo sub 18

A lucense Esther Castedo entra na prelista para o Europeo sub 18

PUBLICADA O

- Advertisement -

Esther Castedo, base lucense do C.B. Ensino Lugo, forma parte de la prelista de dezaoito xogadoras da selección española para o Europeo sub 18 de Udine, en Italia. O campionato de Europa xogarase entre o 4 e o 12 de agosto. O seleccionador español, Mario López, xa convocou á lucense en dous torneos da selección sub 16 previos ao Europeo da categoría en Guadalajara en 2015 e Le Poinçonnet en marzo de 2016.

A preparación comezará o martes 10 de xullo en Alcazar de San Juan (Ciudad Real). Xogarán un torneo na cidade manchega fronte a Bélxica, Alemaña e Francia. Despois, competirán en Italia ante Serbia, Rusia e a propia Italia antes do Europeo sub 18.

Segundo o seleccionador, Mario López, a base lucense Esther Castedo “pode aportar en ataque e que adquiriu moita experiencia en LF2“.

As rivais de España no grupo do Europeo sub 18 serán Serbia, Repúblia Checa e Bosnia.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...