Home Deportes Óscar Gilsanz decide non continuar no Racing Club Villalbés

Óscar Gilsanz decide non continuar no Racing Club Villalbés

0
Óscar Gilsanz decide non continuar no Racing Club Villalbés
Óscar Gilsanz, durante un partido. Foto de Alberto López en lavozdegalicia.es

Óscar Manuel Gilsanz González, primeiro adestrador do Racing Club Villalbés, comunicou “a súa decisión de non continuar” no equipo chairego, que compite en Terceira División, segundo confirmou o propio club lucense.

Gilsanz, de 45 anos, fichou en 2014 polo Villalbés procedente do Betanzos C.F. Na tempada pasada, o equipo rematou en terceira posición chegando ás semifinais polo ascenso á Segunda División B.

O Racing Club Villalbés “agradece enormemente” o seu “traballo, adicación, seriedade, profesionalidade e compromiso sobradamente demostrado” e engade que deixou “pegada” como “persoa” e “adestrador”. O club, na nota de prensa, diríxise ao xa ex adestrador calificándoo de “amigo”.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here