InicioDeportesC.D. Lugo - Real Oviedo en Burela o 1 de agosto

C.D. Lugo – Real Oviedo en Burela o 1 de agosto

PUBLICADA O

- Advertisement -

Club Deportivo Lugo e Real Oviedo xogarán un partido amigable en Burela o mércores 1 de agosto. O encontro terá lugar no campo da Marosa.

Javi López, adestrador do Lugo, afirmou que comezarán a pretempada o luns 9 de xullo e contan con xogar “8 amigables”. A preparación comezará en Lugo e “hai a posibilidade de saír unha semana”.

Lugo e Real Oviedo xogaron a tempada pasada o Trofeo Emma Cuervo de Ribadeo con vitoria oviedista por 1-0 con golazo de falta directa de Aarón Ñíguez.

+ posts

ÚLTIMAS