InicioCulturaCuarta edición do curso de interpretación de instrumentos medievais Sons dos Camiños

Cuarta edición do curso de interpretación de instrumentos medievais Sons dos Camiños

Trátase da cuarta edición do curso que situou Lugo nun lugar de referencia en formación e  interpretación da música antiga e medieval e que pón en valor o patrimonio musical que alberga o Centro de Artesanía e Deseño (Centrad), nomeadamente as reproducións de instrumentos medievais da Colección de Instrumentos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Centro de Artesanía e Deseño acollerá do 23 ao 26 de abril a cuarta edición do curso de  música medieval Sons dos Camiños, na que as persoas asistentes poderán perfeccionar a interpretación de instrumentos como arpas medievais, cítolas e laúdes, salterios ou organistros.

Intérpretes de recoñemento internacional como Manuel Vilas, Begoña Olavide, Paloma Gutiérrez del Arroyo, Peppe Frana e Francisco Luengo, que se encarga tamén da dirección e da coordinación, impartirán o curso, que inclúe clases individuais e grupais, sesións teóricas e un concerto final.

Trátase da cuarta edición do curso que situou Lugo nun lugar de referencia en formación e  interpretación da música antiga e medieval e que pón en valor o patrimonio musical que alberga o Centro de Artesanía e Deseño (Centrad), nomeadamente as reproducións de instrumentos medievais da Colección de Instrumentos.

O alumnado poderá empregar no curso estes instrumentos creados polo Obradoiro de Instrumentos do Centrad a partir da iconografía do Pórtico da Gloria e do Pazo de Xelmírez

 

Canto: Paloma Gutiérrez del Arroyo
Sempre dedicada á música e doutora en biofísica polo CSIC-UAM, Paloma Gutiérrez del Arroyo dedícase á música medieval desde 2009. Estudou repertorios vocais medievais principalmente en París (Univ. Sorbona, París IV-Conservatorio Superior de París, CNSMDP) e Basilea (Schola Cantorum Basiliensis) con grandes mestres e intérpretes destes repertorios. A día de hoxe, actúa principalmente cos conxuntos Proyecto EVOCA e Cantaderas e a dúo co arpista Manuel Villas. Xunto a estas dúas últimas formacións, gravou dous discos  para os selos Et’cetera-records e Arion.  En 2016 fundou a Escuela de Música Medieval y de Tradición Oral dentro da Institución Libre de Enseñanza (Madrid), e imparte regularmente cursos invitados por conservatorios, universidades, museos e outras institucións de España, Francia, Suíza e  Italia

Arpa medieval: Manuel Vilas
Vilas colaborou con numerosos grupos de música antiga en festivais de Europa e América. Tamén realiza concertos como solista con programas centrados na música barroca ibérica, americana e italiana e participou en máis de 100 discos con diversas discográficas e grupos musicais especializados, como solista ou acompañante. Asemade, é pioneiro no estudo e investigación de certos tipos de arpas hoxe totalmente esquecidas, coma a arpa xesuítica chiquitana (Bolivia, século XVIII), a arpa dobre da coroa de Aragón do século XIV e, recentemente presentou no Festival de Música e Musicoloxía iberoamericana (Montevideo, Uruguai) o seu estudo sobre a arpa do Virreinato do Perú e a reprodución da arpa de Santiago Apóstol de Huachacalla (Oruro, Bolivia, século XVIII).

Corda pulsada, cítolas e laúdes: Peppe Frana
Afeccionado á música rock e metal, aos 20 anos, quedou fascinado pola música modal grazas ao traballo de Ross Daly e comezou a estudar o laúde turco (vde) e outros cordófonos tocados con plectro, realizando frecuentes viaxes a Grecia e Turquía, especialmente no contexto do Labyrinth Musical Workshop en Creta. Alí tivo a oportunidade de aprender dalgúns dos mestres máis renombrados: Yurdal Tokcan, Omer Erdogdular, Murat Aydemir, Daud Khan Sadozai e o propio Ross Daly. Un encontro cos membros do Ensemble Micrologus espertou o seu interese pola música medieval europea e o laúde de plectro. Rapidamente converteuse nun dos solistas e profesores máis apreciados, especializado no repertorio italiano do trecento. En 2013 comezou a estudar laúde medieval na Schola Cantorum de Basilea, Suíza, baixo a dirección de Crawford Young, marcando a súa primeira experiencia en estudos académicos de música. Ten unha licenciatura en filosofía do Instituto Universitario «L’Orientale» de Nápoles. Colabora regularmente con moitos artistas e proxectos musicais no ámbito da música antiga, oriental e non clásica e é director artístico de Labyrinth Italia.

Salterios medievais: Begoña Olavide
Olavide conta cun amplo percorrido musical que arrancou na década dos 80 e que lle permitiu levar a súa arte por países de toda Europa, América, Asia ou África. Na actualidade adícase ao Salterio e fundou Cálamus e Mudéjar, grupos que contribuíron no panorama da música antiga estatal con innovadoras propostas para a súa evolución

Corda frotada, violas, gigas e organistrum: Francisco Luengo
Francisco Luengo será o encargado da formación en corda frotada, violas, gigas e organistrum. Comezou a aprender a viola da gamba con José Vázquez en1981, ingresando na Höchschule für Musik de Viena en 1988 e dirixiu Capela Compostelana dende a súa formación.

Horarios e inscrición
O curso desenvolverase no Centro de Artesanía e Deseño do 23 ao 26 de abril, en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.  O día 26 as alumnas e alumnos ofrecerán un concerto coas obras individuais e grupais preparadas durante o curso. A inscrición no curso, gratuíto, require inscrición previa no enderezo electrónico info.centrad@deputacionlugo.org.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...