InicioCulturaA Vicepresidencia da Deputación lembra os valedores do Antroido de Val de...

A Vicepresidencia da Deputación lembra os valedores do Antroido de Val de Francos

Tras recuperar o ano pasado un cartaz histórico de Xosé Vizoso, a institución provincial mantén a colaboración coa veciñanza para revalorizar este entroido tradicional das parroquias de Goberno, Ansemar e Balmonte, en Castro de Rei, documentado desde comezos do século XX

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación lembrou o venres a Xosé Manuel Carballo Ferreiro e Edelmiro García Pérez como principais valedores do Antroido de Val de Francos.

Tras recuperar o ano pasado un cartaz histórico de Xosé Vizoso, a institución provincial mantén a colaboración coa veciñanza para revalorizar este entroido tradicional das parroquias de Goberno, Ansemar e Balmonte, en Castro de Rei, documentado desde comezos do século XX.

Xosé Manuel Carballo Ferreiro, veciño de Goberno e párroco en varias parroquias do concello chairego, e Edelmiro García Pérez, labrego nado na “Casa de Campelo”, en Carril, en Ansemar, tiveron un papel chave na recuperación do Entroido a partir dos anos noventa, mantendo características tradicionais  como o sermón , que Edelmiro García escribiu durante 17 anos.

A súa lembranza reuniu esta tarde ás súas familias e a parte da comisión organizadora do Entroido, que se celebrará o vindeiro 17 de febreiro, no Campo do Carril, cunha ampla programación musical, gastronómica e lúdica arredor do xuízo e da queima do Antroido.

A deputada  Iria Castro destacou “o interese da Asociación Cultural Val de Francos en manter viva a tradición do Antroido e particularmente a memoria destes veciños como artífices da súa recuperación nos anos noventa, contribuindo á conservación dun riquísimo patrimonio material e inmaterial do que enorgullecerse, non só nestas parroquias ou e na comarca da Terra Chá, senón en todo o país ”

A responsable de Cultura valorou “estes actos simbólicos de recoñecemento e a documentación destas manifestacións culturais en estudos etnográficos e históricos son fundamentais para socializar a súa importancia” e reiterou o “apoio da Vicepresidencia da Deputación ao traballo que se fai desde o ámbito asociativo  nesa dirección”

Degustacións de receitas de razas autóctonas con produtos locais

Ademais de colaborar na programación musical do Antroido, coa actuación do grupo de música tradicional Os Valuros, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborará na programación con degustacións gratuítas de produtos de Galña de Mos, Porco Celta e Raza de Vacún Limiá a través do programa de promoción de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural degusto

As persoas asistentes poderán probar carnes destas razas autóctonas subministradas por produtores e produtoras locais: croquetas de Galiña de Mos (produto de Chousa do Lea),  minihamburguesas de carne de vacún de raza limiá (Ana María Teijeiro, de Loentia),  arroz meloso de 3 tomates con costilla de Porco Celta e Rock and Roll de boloñesa Celta con crema suave de allo (Porco Celta O Cibrao)

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo denuncia que o PP falsea o alcance das sentenzas de Tragsa

A Deputación de Lugo aclara con rigor xurídico, base normativa e fidelidade ás resolucións...

Falece unha persoa ao caer co seu coche ao río no centro de Sarria

Unha persoa perdeu a vida na tarde deste venres tras sufrir un grave accidente...

O Goberno adxudica o proxecto para construír 13 vivendas de aluguer alcanzable en Pedrafita do Cebreiro

Casa 47, a Entidade Estatal de Vivenda adscrita ao Ministerio de Vivenda e Axenda...

A exsocialista Reigosa volve apoiar unha enmenda do PPdeG, aínda que apoiou os orzamentos para 2026

O pleno municipal extraordinario celebrado este venres en Lugo deu o visto e prace...