InicioCultura BioReDes, a engrenaxe lucense da I+D no sector primario

[En vídeo] BioReDes, a engrenaxe lucense da I+D no sector primario

A primeira agrupación estratéxica do Campus Terra integra a máis de douscentos investigadores de 16 equipos de referencia no sector primario

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ao abeiro da última convocatoria da Consellería de Educación, a Xunta de Galicia dota ao sistema universitario da capacidade de liderado, estabilidade e dimensión necesarios en eidos de investigación considerados prioritarios. Con tal fin, creáronse catro novas agrupacións estratéxicas de I+D+i: unha delas é Biorrecursos, no Campus Terra de Lugo, que recibiu o bautismo institucional. 

Dezaséis equipos compoñen a agrupación de Xestión e Produción Sostible de Biorrecursos (BioReDes), que percibirá 405.000 euros para abordar os retos vencellados á produción e xestión dos biorrecursos na particular contorna de Galicia. O investimento permitirá a coordinación e crecimento de grupos de referencia do Campus Terra relacionados coa produción animal, vexetal e de seguridade alimentaria. 

O director de BioReDes, Paulino Martínez | USC
O director de BioReDes, Paulino Martínez | USC

Trátase dun proxecto a longo prazo, que pasa pola integración e as sinerxias dos proxectos científicos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) e á Facultade de Veterinaria. Canda o Instituto de Acuicultura, son en total máis dun cento de investigadores estables, corenta e dous en etapa de formación, e outras corenta e tres persoas de apoio técnico.

Paulino Martínez, catedrático en Xenética entrevistado no LugoXornal, liderará unha agrupación estratéxica responsable de máis de medio milleiro de artigos en revistas do primeiro cuartil entre 2010 e 2015, e que captou 12,5 millóns de euros nos últimos anos en financiamento para I+D+i. Un terzo destos recursos proceden da empresa galega, o que evidencia, en palabras de Martínez, a condición de BioReDes como “imprescindible para Galicia”.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...