InicioEconomíaO Craega recibe o XIX Premio Aresa por mudar "nun dos motores...

O Craega recibe o XIX Premio Aresa por mudar “nun dos motores do rural”

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia mereceu o galardón creado por Aresa en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xornal de Lemos | O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) foi o galardoado do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural 2018 pola posta en marcha dun proxecto multisectorial e o seu papel na expansión da agricultura ecolóxica. O certame, que acadou a décimo novena edición, foi creado no 2000 por esta empresa con base en Lugo, Rábade e Begonte en colaboración coa universidade compostelá para premiar á persoa ou entidade que teña contribuído dun xeito especial á mellora do rural galego.

Ademais do Craega, o resto de candidatos ao XIX Premio Aresa eran Asoporcel, Galo Celta, Atelier Bisqato, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida DOP Cebreiro, Miceltia, o Sistema de deshidratación alimentado por enerxía solar para produtos agroalimentarios, a Cátedra do pan e do cereal e o Proxecto H2GZ Raising Water Para e Por Galicia.

O xurado contou co reitor da USC, Antonio López Díaz, a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, o exdirector xeral de Agricultura da Comisión Europea, José Manuel Silva Rodríguez, o director xeral de Capsa Food, José Armando Tellado Nogueira –a través de videoconferencia-, e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras. Este tribunal reuniuse o xoves para avaliar as dez candidaturas presentadas, dando a coñecer o nome do galardoado nunha conferencia de prensa celebrada no vicerreitorado do Campus de Lugo.

Unanimidade no xurado

USC

A candidatura do Craega foi escollida por unanimidade por cumprir con todos os requisitos do Premio, sendo José Manuel Silva Rodríguez, exdirector xeral de Agricultura da Comisión Europea, o que salientara as tres razón principais que decantaron o seu pronunciamento: “Facer que a agricultura ecolóxica sexa un dos motores do desenvolvemento rural, cunha especial resposta á demanda de consumo en Galicia, defender un proxecto de control e regulación da produción de maneira multisectorial, e lograr que a agricultura ecolóxica sexa unha das causas principais para a maior implantación de mozos no mundo rural e agrario”.

O reitor da USC, Antonio López, recoñeceu a calidade do resto de propostas presentadas e convocou aos presentes para a gala do 8 de marzo no Auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo. Alí terán lugar os honores oportunos ao Craega, acto no que recibirá tamén o diploma e os 10.000 euros cos que está dotado o premio.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...