InicioCulturaXorde unha petición en chance.org para que o Auditorio de Lugo leve...

Xorde unha petición en chance.org para que o Auditorio de Lugo leve o nome de “Fuxan os Ventos”

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Como habitante de Lugo, é importante para min que se valorice e se recoñeza a nosa cultura local. Como parte crucial desta cultura, recoñezo o gran legado do grupo de músical “FUXAN OS VENTOS”. Con más de medio século a súa espalda, este conxunto, que contou con quince mulleres entre os seus membros, deixou unha pegada indelébel na nosa comunidade”. Esta é a chamada que fai Alberto Fernández, na popular rede Change.org para buscar apoios neste obxectivo.

A iniciativa xa foi impulsada desde o concello pola edil de Cultura, Maite Ferreiro en 2021 pero quedou paralizada ante a oposición do PP. Desde o concello destacan que Fuxan Os Ventos “é un dos grupos musicais galegos máis importantes” das últimas décadas. En 2022 fixeron cincuenta anos desde a súa formación, en 1972.

Pola súa banda, os populares opuxeronse entón porque querían que esta decisión se tomar “con consenso”. Dende o Partido Popular avogan por escoller un nome de muller, xa que “son moitas as mulleres lucenses que destacaron na cultura galega e nacional”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...