InicioMedioambiente e PatrimonioAchan tramos de muro de mampostería de orixe romana en Lugo, durante...

Achan tramos de muro de mampostería de orixe romana en Lugo, durante unhas obras na rúa Ramón e Cajal

Esta situación levou que os labores de peonalización da rúa Ramón e Cajal se continúen por outra zona "baixo un control estrito", segundo informa o Concello de Lugo, mentres que o servizo de arqueoloxía procede a limpar, estudar e ditaminar a relevancia arqueolóxica dos restos atopados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As obras de peonalización na rúa Ramón e Cajal na cidade de Lugo destaparon varios tramos de muro de mampostería de laxa, restos arqueolóxicos de orixe romana, este venres no transcurso dos traballos. Esta situación levou que os labores se continúen por outra zona “baixo un control estrito”, segundo informa o Concello de Lugo, mentres que o servizo de arqueoloxía procede a limpar, estudar e ditaminar a relevancia arqueolóxica dos restos atopados.

Segundo o consistorio, o proxecto de humanización e peonalización ‘Corazón Verde’ non se viu afectado “en absoluto”, dado que os traballadores e o Concello prevían esta situación tras as aparicións de hipocaustos romanos (habitacións que se quentaban cun sistema no chan) en escavacións anteriores da mesma rúa.

A aparición de restos arqueolóxicos deste tipo supón unha excelente noticia para Lugo. A vontade do noso executivo é traballar para documentar o noso patrimonio, xa que supón unha oportunidade para todas e todos os lucenses polas posibles repercusións culturais e dinamizadores que a súa conservación implica para Lugo”, sinalou a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, nun comunicado.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...