InicioCulturaProxectos de ir paso a paso, do micro ao macro, de furgar...

Proxectos de ir paso a paso, do micro ao macro, de furgar nos detalles pasados e presentes…

Así desenvolve a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial as súas accións divulgativas. É un traballo de paciencia, de convicción e de ilusión. Unha tarefa compartida porque se fai con, por e para as persoas. Por iso os proxectos non rematan, diversifícanse. Por iso os museos palpitan, teñen vida e ademais de ser patrimonio, cultura ou historia, son vivencias, experiencias e sentimento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

En cada visita aos museos da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) para participar das actividades que organiza, adoito tirar unha morea de fotografías. Tempo despois cando me poño a escribir sobre esas experiencias vividas e compartidas nos museos repaso as fotografías.

Sempre me sorprenden as mesmas cousas, as caras de ledicia, implicación e interese das persoas participantes e a cantidade de propostas que se chegan a desenvolver en cada un deses 4 museos que constitúen a Rede (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar de San Cibrao, Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos e Museo Fortaleza de San Paio de Narla en Friol).

Esas propostas son diversas, pero sempre teñen as mesmas raíces ou piares que sosteñen todo: a cultura é un dereito, o valor educativo da Rede, a sustentabilidade e diversidade asociadas aos museos, contar as historias soterradas, implicarse e implicar á cidadanía e expandirse. Proxectarse máis alá dos propios museos, rachar muros e medrar. E as redes séguense tecendo cada día e ampliando, de modo que cada proxecto que nace é un ser vivo ao que se alimenta para que continúe medrando e se transforme.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...

Carmela López reivindica o papel da muller na política na súa elección como presidenta da Deputación de Lugo

A alcaldesa de Burela, a socialista Carmela López, foi elixida este mércores como nova...