InicioCulturaO Festival Agrocuir sitúa Monterroso como referente na reivindicación da diversidade no...

O Festival Agrocuir sitúa Monterroso como referente na reivindicación da diversidade no rural

A oitava edición do Festival-Romaría Agrocuir, que se celebra este fin de semana no municipio lucense de Monterroso, foi presentado este martes na Deputación de Lugo como un referente na reivindicación da diversidade sexual e de xénero no rural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

oitava edición do Festival-Romaría Agrocuir, que se celebra este fin de semana no municipio lucense de Monterroso, foi presentado este martes na Deputación de Lugo como un referente na reivindicación da diversidade sexual e de xénero no rural. Xunto aos representantes do colectivo Agrocuir Marta Álvarez Quintero e Marc San Barón, a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou que este tipo de eventos “que promoven o turismo e a economía son necesarios para o desenvolvemento equilibrado do territorio”.

Ademais, neste caso, subliñou que o Agrocuir trátase dun encontro “a favor dun rural vivo e diverso”, e que “traslada valores como o feminismo”. Así mesmo, agradeceu o traballo que fai o colectivo da Ulloa por conseguir que “Monterroso, a comarca da Ulloa e a provincia de Lugo sexan un referente pola igualdade e na loita polo rural”.

“UN REFERENTE”

Deste xeito, incidiu García Porto, o que nacía como un evento cultural fai máis dunha década por iniciativa dun grupo de amigos da Ulloa, é hoxe “un referente en toda España en defensa da liberdade e pola sustentabilidade da vida nas aldeas”. Ademais, a deputada provincial puxo en valor a decisión da organización de moderar o crecemento que experimenta o evento, que este ano se celebrará nun formato máis pequeno para tratar de regresar ás súas orixes de romaría.

Por parte da organización, Marta Álvarez Quintero explicou que quixeron “decrecer” porque observaban que “o éxito dos anos anteriores estaba a pór en risco a sustentabilidade da comarca”. “O festival volve ser unha verbena, tal e como reflicte o deseño do cartel”, manifestou Quintero. Así, o escenario principal estará instalado na Praza do Froito e por alí pasarán artistas do panorama estatal e galego como Bewis de la Rosa, Nelu Vermouth, Mondra, as Djs Saya e Nenaza, O Neto do Rubio, ou As Lagartheiras.

O evento arrinca este venres 25, ás 17.00 horas, co ‘Cuirathlon’ na área da Peneda. O sábado 26 pola mañá haberá talleres no Souto do Caracacho, e pola tarde cantos de taberna que animarán o ambiente polos establecementos da localidade.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...