InicioCulturaA educadora Antía Cal, con orixes en Muras, premio Otero Pedrayo

A educadora Antía Cal, con orixes en Muras, premio Otero Pedrayo

A pedagoga, crucial na renovación do ensino en galego e tía de Xosé Manuel Beiras, recibe o galardón ax aequo coa mestra e activista feminista María Xosé Queizán

PUBLICADA O

- Advertisement -

Antía Cal tivo un papel indispensable nas novas correntes da pedagoxía e a recuperación do ensino en galego. Naceu na Habana (1923), sendo a familia de Muras, e volveu a Galicia sendo aínda cativa. Medrou en Vigo, mantendo un intenso contacto coa chaira, referencia identitaria e parte fundamental na súa educación. En 1961 fundou, canda o seu home, o galeguista Antón Beiras, o Colexio Rosalía de Castro da cidade olívica.

A renovación na metodoloxía e o compromiso de Antía Cal coas novas xeracións marcaron o camiño para outras institucións educativas, herdeiras da sensibilidade polo galego e a conciencia cultural propia. Este labor é recoñecido agora co Otero Pedrayo, galardón creado en 1977 e dotado con 16.000 euros, promovido pola Xunta de Galicia e mailas catro deputacións provinciais.

Antía Cal é a segunda muller en recibir este premio, que comparte neste 2018 con María Xosé Queizán. Esta mestra natural de Vigo (1939) comezou na década dos cincuenta unha ampla traxectoria de compromiso co galego, que desenvolveu en múltiples xéneros, no ensaio e na traducción. Mais, ante todo, Queizán é unha activista polos dereitos da muller, sendo pioneira do movemento feminista en Galicia.

Xurado do Premio Ramón Otero Pedrayo 2017

O xurado estivo presidido por Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, e vicepresidido por Valentín González, presidente da Deputación da Coruña.

Tomaron parte del, como vogais, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Pilar García, deputada de Cultura da Deputación de Lugo; Manuel Doval, presidente da Comisión de Cultura da Deputación de Ourense; Xosé Leal, deputado delegado de Cultura da Deputación de Pontevedra; Jesús Varela, adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, en representación da USC; Natalia Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado, en representación da UVigo; Xosé Ramón Freixeiro, catedrático de Filoloxía Galega, en representación da UDC; Marilar Aleixandre, académica en representación da RAG; Pablo Otero, científico en representación do Instituto Padre Sarmiento; Alfonso Vázquez-Monxardín, secretario da Fundación Otero Pedrayo; e Camiño Noia, Carme Fernández-Pérez, Primitivo Iglesias e Luís G. Tosar, designados, respectivamente, pola Xunta de Galicia e as deputacións da Coruña, Lugo e Ourense como autoridades científicas e literarias.

Como secretaria do xurado actuou Mercedes Fernández-Abalat, xefa do servizo de Acción Social, Cultural e Deportes da Deputación da Coruña.

ÚLTIMAS

Terremoto político no PSOE de Lugo: María Reigosa dáse de baixa como militante, pero o alcalde di que segue no grupo

A concelleira do Concello de Lugo María Reigosa pediu a baixa como militante do...

‘360 curvas’: o documental que conta a loita do pobo da Fonsagrada contra o illamento

A loita dun pobo galego contra o seu illamento e o éxodo rural son...

Xulgado en Lugo un home acusado de tentar secuestrar e forzar o matrimonio dunha menor de Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo levou a xuízo este martes a un home de...

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...