InicioCulturaSaint Patrick´s Day e a conexión entre Lugo e Irlanda

Saint Patrick´s Day e a conexión entre Lugo e Irlanda

Os lazos culturais entre Galicia e Irlanda dende tempos ancestrais son de sobra coñecidos. No século XXI seguen vivos e a celebración do Saint Patrick´s Day en Lugo pode ser un bo exemplo delo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galegos e irlandeses temos moito en común. Compartimos non só raíces históricas, mitos e tradicións, senón tamén hábitos e cosmovisións.

Non hai que esquecer que ambos pobos somos oceánicos, polo tanto moi abertos ao mundo, e moi habituados a partir e a recibir. Estamos en todas partes: nós máis en Arxentina ou Cuba, eles máis nos Estados Unidos ou en Australia… pero o esquema mental ten moito de parecido.

No século XXI temos de novo un fluxo de intercambio cultural entre Galicia e Irlanda, tanto a nivel formativo como a nivel laboral, e probablemente desa presenza (en Lugo moi notable en canto a profesores de inglés e auxiliares de conversa en centros educativos de toda a provincia) veña o potenciamento da celebración do Saint Patrick´s Day por terras galegas.

O pasado venres 17 de marzo tivemos ocasión de desfrutar da “Ruta do San Patricio” en Lugo e apetecíame deixarvos un recordo do que foi e do que probablemente será en anos vindeiros este novo percorrido polo Lugo irlandés.

Comezamos na cervexaría Morrigan, que leva nada menos que 22 anos no número 46 da Avenida de Madrid. Alí o seu propietario Suso leva 21 anos celebrando o Saint Patrick´s e este ano ofreceu incluso tapas irlandesas: Dublin coddle, mexilóns Molly Malone e Irish stew.

Tapas irlandesas na cervexaría Morrigan

Continuamos a ruta no Galo de Recatelo, novo local de hostalería deste histórico barrio lucense, e que xa de inicio aposta pola celebración do día nacional irlandés. Alí o grupo “Shenanigans” tocou en directo durante varias horas. Puidemos falar con Brendan Shine, un dos seus compoñentes, e promotor da idea de que Lugo se una a tantas cidades do mundo (dende New York ata A Coruña) que celebran o Saint Patrick´s Day iluminando os seus monumentos. Brendan propón que a partir do 2024 a Muralla Romana de Lugo luza con luces verdes, e se una a esta extensa rede.

Por último La Romería Coffee & Co, o famoso bar arxentino do barrio da Residencia, uniuse tamén á celebración do Saint Patrick´s por primeira vez. Todo un irmanamento galego, irlandés, estadounidense e arxentino! Catro pobos atlánticos e tan vencellados entre sí.

Contaron coa actuación en directo do cada día máis querido T.C. Costello, artista de Carolina do Norte que con moita frecuencia toca nas portas da Muralla Romana, na Praza do Campo, ou tamén nas rúas de Compostela. Por moitos anos de Saint Patrick´s!

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo e Santiago estarán conectadas por autovía o vindeiro verán tras finalizar a A-54

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, anunciou que Lugo quedará plenamente comunicada...

Reigosa denuncia insultos e lanzamento de moedas antes da moción que pode cambiar o goberno de Lugo

A concelleira non adscrita María Reigosa confirmou a presentación dunha denuncia ante a Policía...

As obras da intermodal de Lugo estarán finalizadas en xuño

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, asegurou este luns que as obras...

Equigal recibirá 40.000 euros da Deputación para financiar a súa nova edición entre o 8 e o 17 de maio

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o responsable do Pazo de...