InicioCulturaMaría López ingresa este sábado como membro de número da Real Academia...

María López ingresa este sábado como membro de número da Real Academia Galega

López investiga no campo da literatura galega e da sociolingüística e tamén é autora de ficción literaria

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Círculo das Artes de Lugo acollerá este sábado a sesión extraordinaria pública da Real Academia Galega na que María López Sández (1973) ingresará como membro de número da institución, ocupando a vacante producida en novembro de 2021 polo falecemento de Darío Xohán Cabana.

A filóloga e escritora pronunciará na súa cidade natal o discurso titulado ‘Onde abrolla o manancial: a paisaxe na raíz do ensaísmo galego’, ao que lle dará resposta, en nome da institución, a académica Marilar Aleixandre. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala, segundo informou a Real Academia.

Profesora de ‘Didáctica da Lingua e da Literatura’ da Universidade de Santiago de Compostela e catedrática en excedencia ensino secundario, a académica de número electa investiga no campo da literatura galega e da sociolingüística, así como tamén é autora de ficción literaria.

A paisaxe na literatura galega é un eixo central da súa investigación desde os inicios. Ademais, a rigorosidade e a multidisciplinariedade son as dous “constantes” na traxectoria de María López Sández. Licenciada en Filoloxía Galega, Hispánica e Inglesa, foi premio fin de carreira de Galicia e segundo premio nacional de Terminación de Estudos Universitarios de Filoloxía.

Tras a tese que centrou en Rosalía de Castro, Otero Pedrayo e Ferrín, seguiu profundando no estudo da descrición da paisaxe, atendendo aos imaxinarios rurais e urbanos en autores como Eduardo Blanco Amor e Carlos Casares, xunto á análise semiótica da cartografía, subliñando a centralidade cultural do mapa de Domingo Fontán.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...