InicioMedioambiente e Patrimonio'A derradeira lección do mestre', de Castelao, chega a Galicia 73 anos...

‘A derradeira lección do mestre’, de Castelao, chega a Galicia 73 anos despois

Considerado o Guernica galego, a icónica obra formará parte da exposición Castelao Maxistral, a partir do 5 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela

PUBLICADA O

- Advertisement -

A derradeira leición do mestre, obra icónica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e considerada o ‘Guernica galego’, chegou o luns ao Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, provinte do Centro Galicia de Buenos Aires. O óleo, de máis de 2 metros de altura, viaxou desde Arxentina a Madrid en avión na pasada fin de semana e foi trasladado por estrada ata o Gaiás, onde chegou escoltado por axentes da Policía Autonómica. O traslado levouse a cabo coas maiores condicións de seguridade e baixo os estándares profesionais máis rigorosos.

Esta obra é simbólica tanto na traxectoria artística de Castelao como para Galicia, a territorial e a da diáspora. O intelectual e político nacionalista pintou A derradeira leición do mestre na capital arxentina en 1945, baseándose na estampa sexta do seu libro Galicia Mártir, en homenaxe ao seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936.

A derradeira leición do mestre exhibirase por primeira vez en Galicia na Cidade da Cultura, como peza central de Castelao maxistral, exposición organizada pola Consellería de Cultura e Turismo que se inaugura este venres 5 de outubro e que rende homenaxe ao papel que xogaron na construción do ensino público os mestres e mestras das tres primeiras décadas do século pasado (1900-1936).

Llega del cuadro de Alfonso Rodriguez Castelao a la ciudad de la cultura
01/10/18

A derradeira leición do mestre forma parte dun relato expositivo no que se quere contrapor a situación do ensino en Galicia de principios do século pasado —con precariedade de medios, antipedagóxica e exclusivamente en castelán— coa reforma e modernización que iniciaron os mestres e mestras da República cara unha ensinanza universal e máis profesional —con novos materiais pedagóxicos, algúns deles en galego—, e que se viu truncada co estoupido da Guerra Civil.

Deste xeito, a mostra, comisariada polo historiador galego e vicepresidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, contará con 92 pezas —cedidas por 32 institucións públicas e privadas— reconstruirá unha escola da época e permitirá tamén poder contemplar reunidos por vez primeira nunha exposición todos os debuxos (40) que realizou o artista de Rianxo sobre o ensino obrigatorio en Galicia, que na época era ata os 9 anos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...