InicioCulturaLugo, capital da zanfona

Lugo, capital da zanfona

Celébrase a segunda edición do encontro “Celme de Zanfona”, entre o 2 e 5 de xuño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, e a vicepresidenta da Deputación e concelleira de Cultura de Lugo, Maite Ferreiro, presentaron este martes a segunda edición do encontro “Celme de Zanfona”, tres días de concertos, clases maxistrais e mesas redondas ao redor deste instrumento milenario, que se desenvolverán do 2 ao 5 de xuño en Lugo.

Baixo o epígrafe “A esencia da zanfona galega: orixe, sons, textos e contextos, instrumento en movemento”, o encontro propón unha programación orientada á formación e á interpretación, incluíndo un amplo repertorio de actuacións nas rúas do casco histórico da cidade para socializar e visibilizar o instrumento.

“Damos un paso máis no obxectivo de converter Lugo nun espazo de diálogo e de exposición de ideas para seguir xenerando riqueza para o patrimonio musical deste país”, dixo Efrén Castro.

“Como sinalamos na primeira edición, Lugo cumpriu a través do taller de instrumentos da Deputación de Lugo un papel fundamental na recuperación deste instrumento,e a intención deste encontro é seguir contribuíndo ao futuro da man de grandes de músicos e profesionais da zanfona que temos en Galiza. Por iso, o programa está orientado fundamentalmente á formación e reunirá a gran parte das escolas de zanfona do país”, dixo.

O coordinador do encontro e director da Colección de Instrumentos Musicais e Obxectos Sonoros do Centrad, Luciano Pérez, sinalou que “se o ano pasado centramos o encontro na descuberta de documentos históricos e na construción, esta edición céntrase no importante papel que desempeñan as escolas na formación de futuros zanfoñistas e na busca de composicións para ampliar os repertorios para este instrumento”.

Do contido destacou tres clases maxistrais a cargo de Suso Vaamonde, Antón Castro e Óscar Fernández e unha mesa redonda dedicada aos problemas aos que se enfrontan os novos zanfoñistas á hora de buscar compañeiros de formación con outros instrumentos”.

A participación nas clases maxistrais, con prazas limitadas a 15 alumnos/as, require inscrición previa a través do enderezo electrónico celmedezanfona@gmail.com.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...