InicioCulturaO Vello Cárcere de Lugo acolle o 21 e 22 de abril...

O Vello Cárcere de Lugo acolle o 21 e 22 de abril o Encontro Universitario de Danza con catro compañías

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Encontro Universitario de Danza da USC celebrarase o 21 e 22 de abril no Vello Cárcere de Lugo, que acollerá intervencións artísticas de catro compañías.

En concreto, participan as compañías Danza USC-Compostela e Danza USC-Lugo, ligadas ao Espazo de Danza da USC, que coordina Juan Carlos Zahera, e das formacións SanTango e D-ou-tras, do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Esta nova edición recupera a súa presenza no calendario de programación artística no marco do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación de Logo.

Así, a representación inaugural será o 21 de abril, xoves, ás 21,00 horas, coa escenografía de ‘Espertares’, con coreografía de Xiana Vilas, a cargo da compañía Danza USC-Compostela, que estará acompañada nesta actuación da agrupación Pandereteiras USC.

ÚLTIMAS

Sae a subasta por case 800.000 euros o local da centenaria pastelaría Madarro de Lugo

A Sección Civil de Execución do Tribunal de Instancia de Lugo dirixe a poxa...

O BNG pedirá no Congreso melloras no servizo de Correos na comarca de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou novas iniciativas para reclamar ao...

Un matrimonio de avanzada idade falece nun choque entre un camión e un turismo en Antas do Ulla

Dúas persoas, un matrimonio de avanzada idade, faleceron este martes nun accidente de tráfico...

Os gandeiros manteñen a tractorada en Lugo e o BNG denuncia a “competencia desleal” de Mercosur

Os gandeiros de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, concentrados na cidade de Lugo...