InicioCulturaO legado que deixa o artista Victor Corral en Lugo tras o...

O legado que deixa o artista Victor Corral en Lugo tras o seu falecemento

As obras máis destacadas do escultor lucense son a Casa Museo que realizou en Baamonde e a capela que fixo no interior dun castiñeiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha capela nun castiñeiro, esculturas e pezas de arte en madeira e bronce quedan orfas. A arte lucense está de luto tras coñecerse a noticia de que o artista Victor Corral faleceu o mércores, 15 de Nadal, tras non superar os problemas pulmonares que padecía. Tiña 84 anos e faleceu no Hospital Universitario Lucus Augusti.

O artista lucense comezou a facer esculturas dende pequeno, realizou estudos primarios e traballou no campo. Tras dous anos na Coruña e outros dous en Barcelona, foi nesta última cidade onde fixo as súas primeiras exposicións.

Sen embargo, o escultor volveu a súa terra, Baamonde, onde construíu a súa “Casa Museo” que estaba composta por esculturas de pedra e bronce no seu xardín e de bronce e madeira no seu interior. Tamén se destaca a capela feita por él no interior dun castiñeiro.

Non foron poucos os recoñecementos que recibiu Victor Corral. No ano 2015 foi proclamado Fillo Predilecto do Concello de Begonte e cinco días antes do seu falecemento foi homenaxeado en Vilalba pola Asociación Cultural Xermolos, de Guitiriz e pola Irmandade Manuel María, que lle adicaron un tramo do Paseo dos Soños, xunto ao río Magdalena.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...