InicioCulturaLugo conmemora e honra 250 anos de protección de San Roque

Lugo conmemora e honra 250 anos de protección de San Roque

As autoridades de Lugo rendiron homenaxe a San Roque, protector da cidade, nunha tradición con 250 anos de historia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Seguindo a tradición que se remonta ata o século XVIII, as autoridades de Lugo tomaron parte este xoves da conmemoración da festividade de San Roque. Como cada 16 de agosto, a comitiva reuniu aos membros da corporación local baixo a presidencia da alcaldesa, Lara Méndez.

Este grupo foi acompañado pola Garda de Gala, que partiu en formación dende o consistorio ata a capela de San Roque, onde se celebrou a misa en honra do santo. Cumpriuse deste xeito co voto que a cidade fixo en 1768, cando invocou a súa protección para facer fronte á epidemia da peste.

A homenaxe a 250 anos de amparo de San Roque tivo na véspera o seu equivalente coa Virxe dos Ollos Grandes, patroa de Lugo. Este costume ten precedentes dende a Alta Idade Media. 

+ posts

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio de Taboada tras arrasar 55,85 hectáreas

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido este sábado o incendio forestal de...

A Deputación incrementa o patrocinio para o Caudal Fest reforzando a proxección turística de Lugo

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o contrato de...

O Concello de Lugo aprobará o proxecto dunha residencia de anciáns no barrio de Recatelo

A xunta de goberno de Lugo aprobará o vindeiro luns o proxecto para a...

Un incendio activo en Lugo xa arrasou dúas hectáreas

A parroquia lucense de Orbazai, no lugar de Penarrubia, rexistra este xoves un incendio...