InicioCulturaUnhas 1.500 cintas aspirarán a formar parte da Semana de Cinema de...

Unhas 1.500 cintas aspirarán a formar parte da Semana de Cinema de Lugo

923 son producións do Estado español, 42 proceden de Brasil, 39 de Francia, 38 de Arxentina, 19 de México e 11 americanas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Fonmiña, a organizadora da Semana de Cine de Lugo, recibiu un total de 1.474 filmes, entre longametraxes e curtas, que agora serán seleccionadas para a súa programación neste evento cultural.

Diso informou o presidente de Fonmiña, Xulio Xiz, quen lembrou que a Semana Internacional de Cinema de Autor de Lugo, que cumpre xa 43 edicións desde que arrincase en 1978, celebrarase do 20 ao 26 de setembro.

O pasado día 2 de maio pechouse a “cota” de películas que, na súa maioría, foron recibidas a través de dúas plataformas. Ademais, 46 foron presentadas de forma directa a través dos directores ou produtores e 12 remitidas polos distribuidores.

Xulio Xiz destacou o “satisfeitos” que están os organizadores pola gran “participación” nesta preselección destas producións, que agora terán que ser seleccionadas para a súa proxección. Así, avanzou que serán “sobre cen” as que finalmente concorran á programación que se faga.

O presidente de Fonmiña subliñou a alta presenza de cinema galego, “con 29 películas presentadas, o que evidencia que o cinema galego ten moita vida, está totalmente vivo”.

Finalmente, confiou en que a selección das producións que se proxectarán durante a Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo estea xa concluída “ou ben na última semana de xuño ou na primeira de xullo”.

Do total de películas preseleccionadas, 923 son producións do Estado español, 42 proceden de Brasil, 39 de Francia, 38 de Arxentina, 19 de México e 11 americanas.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...