InicioCulturaVolve LugoMáxico con espectáculos na rúa e presenza internacional

Volve LugoMáxico con espectáculos na rúa e presenza internacional

Haberá tres mulleres, entre elas, unha enezolana e outra ucraína.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A 18 edición do festival internacional de maxia LugoMáxico, que contará con corenta actuacións, celebrarase en catro espazos na cidade amurallada entre o 24 e o 29 de maio.

A concelleira da área de Cultura no Concello de Lugo, Maite Ferreiro, presentou esta nova edición, unha das “máis consolidadas” do panorama estatal, nunha rolda de prensa acompañada dos magos Teto e Rafa.

Tras un ano de pandemia, a principal novidade para esta edición é que se recupera o espectáculo na rúa, en concreto no canellón do Hospital. Ademais deste escenario tamén haberá actuacións no Museo Interactivo da Historia, no Cárcere Cárcere e a gala final celebrarase no auditorio Gustavo Freire.

O mago Rafa, un dos organizadores, subliñou que para esta edición primou “a seguridade”, ademais de pór o acento en que o programa é “moi completo” con “artistas nacionais e internacionais”.

Tamén destacou a presenza das tres mullres –unha delas venezolana e outra ucraína–, con esa presenza da muller “cada vez máis en auxe”, o que “supón darlle a importancia que ten”.

A gala final terá lugar o día 29 no auditorio Gustavo Freire coa actuación, a partir das 20,00 horas, de Dani Daortiz. Este é o único acto que non será gratuíto e terá un prezo de cinco euros, con descontos tamén para os colectivos máis vulnerables.

+ posts

ÚLTIMAS

Os Ancares atesouran un potencial astronómico destacado pola Deputación

O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias, abriu este xoves...

Denuncian a supresión da área de Promoción da Lingua no Concello de Lugo

A Plataforma Queremos Galego denunciou a supresión da área de Promoción da Lingua no...

Reunións de Candia con representantes do Arde Lucus e Lugo Monumental de cara a colaborar co tecido asociativo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e os concelleiros Damián Carballo e Mar Carballas...

Policías locais evitan que se propague un incendio orixinado en dous colectores cara a un edificio habitado

Axentes da Policía Local de Lugo lograron evitar que un incendio declarado en varios...