InicioCulturaCase 1.400 películas aspiran a formar parte da XLIII Semana de Cinema...

Case 1.400 películas aspiran a formar parte da XLIII Semana de Cinema de Lugo

A admisión de propostas seguirá aberta ata o vindeiro 2 de maio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A organización da XLIII Semana de Cinema de Lugo informou de que case 1.400 persoas aspiran a formar parte da programación deste certame, que se celebrará entre os días 20 e 26 de setembro.

O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, que se ocupa da organización deste festival, dedicado ao cinema de autor, confirmou que neste momento recibiu 1.397 películas, entre curtas e longametraxes. A admisión de filmes aínda non está pechada ata o vindeiro 2 de maio.

Das películas recibidas ata este momento, 1.275 foron presentadas a través da plataforma Festhome, 96 foron recibidas de Click for Festival e 26 enviadas de forma directa polos seus respectivos produtores.

Só na última fin de semana, os organizadores do certame recibiron un total de 150 producións.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...