InicioCulturaO autocine chega por fin a Lugo cunha carteleira escollida polo público

O autocine chega por fin a Lugo cunha carteleira escollida polo público

Será os días 13 e 14 de novembro. A cidadanía votará nas redes sociais polas películas candidatas á proxección, entre as que se atopan 'A lingua das bolboretas', 'Gran Torino' ou 'Os Goonies'.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo e Sarria acollerán os vindeiros 13, 14 e 15 de novembro seis sesións de autocine para seguir desfrutando da cultura en tempos de pandemia. O público poderá elixir os filmes que se proxectarán de entre unha escolma previa na que figuran producións galegas como ‘A lingua das bolboretas’, ‘A praia dos afogados’ e ‘A quen ferro mata‘; ou clásicos dobrados á nosa lingua, como ‘Gran Torino’, ‘Pulp Fiction’ e ‘Fargo’. 

Tres das proxeccións estarán dirixidas a un público infantil e familiar. Poderán ser, por exemplo, ‘O apóstolo’, ‘Pérez 2’, ‘Os Goonies’ ou ‘E.T.’. A escolla farase nas redes sociais da Deputación de Lugo (@vicedepulugo) e o período de votación vai dende este luns ás 22:00 horas ata o vindeiro xoves á mesma hora.

As películas candidatas para ser proxectadas | LX

As películas proxectaranse nunha pantalla led de 24 metros cadrados de superficie visible. O son transmitirase por FM, polo que se poderá escoitar a través dos altofalantes ou do equipo de cada vehículo.

Aínda que esta oferta de ocio estaba prevista para o verán, finalmente algúns procesos administrativos atrasaron a súa posta en marcha. A nova data coincide cun mes no que o cine terá gran protagonismo en Lugo, ao acoller a Semana do Cine entre o 23 e o 28 de novembro.

ÚLTIMAS

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...

Un operativo contra os locais de lecer nocturno en Lugo remata cun detido e 39 identificados

Un home foi detido por un suposto delito de atentado contra un axente da...

CC.OO. esixe a dimisión da edila de Persoal do Concello de Lugo

Comisións Obreiras (CC.OO.) esixiu a dimisión inmediata da concelleira de Persoal do Concello de...