Home Cultura Lugo: cando a arte urbana está na casa

Lugo: cando a arte urbana está na casa

0
Lugo: cando a arte urbana está na casa
Obra de Diego Anido (Diego AS) na rúa Sargadelos. A retratada é a súa prima (Foto: Ana Mª Dopazo)

Hai pouco menos dun ano comecei coas visitas guiadas pola arte urbana lucense, e nunca pensei que ía aprender tanto sobre ela nestes meses. Comecei co que coñecía por inquedanza propia, e once meses despois confirmo  que Lugo non só é unha cidade de graffiti e arte, senón que esta é éndoxena. O 90% dos muros teñen sinatura lucense.

Mural de Dragon Ball no barrio de Paradai. Obra de Rubén Paz, proxecto Trece Trazos (Foto: Iván Otero)
Mural de Dragon Ball no barrio de Paradai. Obra de Rubén Paz, proxecto Trece Trazos (Foto: Iván Otero)

Isto non é unha anécdota nin unha nimiedade. Coñecendo os exemplos doutras cidades e vilas, é sen dúbida algo a destacar e promover. Poucos lugares contan cunha creatividade tan espontánea e tan ligada ás vivencias e sentimentos locais.

Mural de Yoe 33 no barrio da Estación (Foto: Marcos Pereira)
Mural de Yoe 33 no barrio da Estación (Foto: Marcos Pereira)

A canteira lucense ven de vello, xa o falamos na anterior reportaxe sobre esta temática para o Lugo Xornal. Dende os pioneiros Yoe 33, Marcos Pereira ou Pablo Lage…ata os máis mozos que entran hoxe na escena.

Mural de Noemí Núñez (Foto: Fernando Pico)
Mural de Noemí Núñez (Foto: Fernando Pico)

Os irmáns Guille Paz e Tirso Paz son xoves (rondan a treintena) pero probablemente son dos artistas máis recoñecidos, reputados e experimentados do panorama lucense. Viven en Málaga e Barcelona, e contan os seus seguidores (@nesui.src e @bublegumsr) a milleiros.

Obra de Tirso Paz na Casa da Xuventude (Foto: Ana Mª Dopazo)
Obra de Tirso Paz na Casa da Xuventude (Foto: Ana Mª Dopazo)

Noemí Núñez @noemi.nunhez é unha artista con longa traxectoria e recoñecemento en diversos formatos, e a súa inminente chegada ó mundo da arte de rúa é unha ledicia e motivo de festexo. Neste 2020 leva realizadas varias obras ó longo da Galiza, e os fanáticos da arte urbana en Lugo estamos desexando que comece a deixar a súa pegada nas nosas rúas.

Proxecto de lettering literario de Iago Eireos, promovido por Cultura e Turismo de Lugo (Foto: Guido Álvarez Parga)
Proxecto de lettering literario de Iago Eireos, promovido por Cultura e Turismo de Lugo (Foto: Guido Álvarez Parga)

Por último Iago Eireos @iagoeireos, outro destacado creativo da cidade e moi famoso polo seu espazo artístico Lupa Arte. Este mesmo ano interviu case en máis lugares que ningún dos outros artistas: o seu proxecto de lettering literario (promovido por Cultura e Turismo de Lugo) foi un verdadeiro agasallo para todos en tempos de pandemia. Que non pare esta revolución pictórica!

Obra de Leandro Barea no Agro do Rolo (Foto: Guido Álvarez Parga)
Obra de Leandro Barea no Agro do Rolo (Foto: Guido Álvarez Parga)

 

 

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here