InicioCulturaLugo: cando a arte urbana está na casa

Lugo: cando a arte urbana está na casa

Canto máis profundiza un no mundo do Street Art, máis se decata do privilexio que temos na nosa cidade: temos ós artistas na casa. Yoe 33, Marcos Pereira, Pablo Lage, Diego AS, Guille Paz, Noemí Núñez, Rubén Paz, Primo de Banksy, Leandro Barea, Iago Eireos, Tirso Paz, os colectivos Concepto Circo, Otro Prisma e Trece Trazos... a lista é infinita e un non para de descubrir novidades

PUBLICADA O

- Advertisement -

Hai pouco menos dun ano comecei coas visitas guiadas pola arte urbana lucense, e nunca pensei que ía aprender tanto sobre ela nestes meses. Comecei co que coñecía por inquedanza propia, e once meses despois confirmo  que Lugo non só é unha cidade de graffiti e arte, senón que esta é éndoxena. O 90% dos muros teñen sinatura lucense.

Mural de Dragon Ball no barrio de Paradai. Obra de Rubén Paz, proxecto Trece Trazos (Foto: Iván Otero)
Mural de Dragon Ball no barrio de Paradai. Obra de Rubén Paz, proxecto Trece Trazos (Foto: Iván Otero)

Isto non é unha anécdota nin unha nimiedade. Coñecendo os exemplos doutras cidades e vilas, é sen dúbida algo a destacar e promover. Poucos lugares contan cunha creatividade tan espontánea e tan ligada ás vivencias e sentimentos locais.

Mural de Yoe 33 no barrio da Estación (Foto: Marcos Pereira)
Mural de Yoe 33 no barrio da Estación (Foto: Marcos Pereira)

A canteira lucense ven de vello, xa o falamos na anterior reportaxe sobre esta temática para o Lugo Xornal. Dende os pioneiros Yoe 33, Marcos Pereira ou Pablo Lage…ata os máis mozos que entran hoxe na escena.

Mural de Noemí Núñez (Foto: Fernando Pico)
Mural de Noemí Núñez (Foto: Fernando Pico)

Os irmáns Guille Paz e Tirso Paz son xoves (rondan a treintena) pero probablemente son dos artistas máis recoñecidos, reputados e experimentados do panorama lucense. Viven en Málaga e Barcelona, e contan os seus seguidores (@nesui.src e @bublegumsr) a milleiros.

Obra de Tirso Paz na Casa da Xuventude (Foto: Ana Mª Dopazo)
Obra de Tirso Paz na Casa da Xuventude (Foto: Ana Mª Dopazo)

Noemí Núñez @noemi.nunhez é unha artista con longa traxectoria e recoñecemento en diversos formatos, e a súa inminente chegada ó mundo da arte de rúa é unha ledicia e motivo de festexo. Neste 2020 leva realizadas varias obras ó longo da Galiza, e os fanáticos da arte urbana en Lugo estamos desexando que comece a deixar a súa pegada nas nosas rúas.

Proxecto de lettering literario de Iago Eireos, promovido por Cultura e Turismo de Lugo (Foto: Guido Álvarez Parga)
Proxecto de lettering literario de Iago Eireos, promovido por Cultura e Turismo de Lugo (Foto: Guido Álvarez Parga)

Por último Iago Eireos @iagoeireos, outro destacado creativo da cidade e moi famoso polo seu espazo artístico Lupa Arte. Este mesmo ano interviu case en máis lugares que ningún dos outros artistas: o seu proxecto de lettering literario (promovido por Cultura e Turismo de Lugo) foi un verdadeiro agasallo para todos en tempos de pandemia. Que non pare esta revolución pictórica!

Obra de Leandro Barea no Agro do Rolo (Foto: Guido Álvarez Parga)
Obra de Leandro Barea no Agro do Rolo (Foto: Guido Álvarez Parga)

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...