InicioCulturaCastroverde queda sen as festas do Santiago, que "marcarían un antes e...

Castroverde queda sen as festas do Santiago, que “marcarían un antes e un despois”

A comisión viuse obrigada a suspender o evento, pero non pecha a porta a organizar algunha actividade pequena en caso de que a pandemia evolucione favorablemente. De momento, "todo está no aire".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A comisión de festas de Castroverde publicou este mércores nas súas redes sociais un comunicado no que confirma a suspensión do Santiago 2020 por mor da situación derivada da pandemia.

Como xa supoñían boa parte dos veciños do concello, as condicións incertas da crise do coronavirus para o mes de xullo non permitirán celebrar as festas patronais, que pivotan arredor do Día do Apóstolo. Ao non estar clara a evolución da enfermidade nin tampouco os requisitos para os festexos ao aire libre, a comisión viuse na obriga de anular un evento no que cabería esperar grandes aglomeracións de xente.

“Non queremos organizar unhas festas das que non poida gozar todo o mundo por problemas de espazo ou outras limitacións”, explican nas súas redes sociais. Saben que “a situación económica non é a mellor”, polo que entenden que “tampouco é o momento de pedir donativos aos comercios ou veciños”.

Con todo, dende a comisión non descartan poder facer “algo pequeno” para a veciñanza o día propio do patrón, o 25 de xullo, “aínda que sexan dúas charangas pola vila”. Sería unha maneira de non esquecer a festa e de xuntarse uns e outros, “non ao grande, pero como se poida”. Iso si, de momento “está no aire” e todo dependerá de como evolucione a pandemia e do que permitan as autoridades sanitarias.

O que é seguro é que os integrantes da comisión xa comezarán a traballar axiña para que o Santiago 2021 non defraude. As festas do 2020 “marcarían un antes e un despois, con moitas sorpresas”, pero virán outras en mellores circunstancias.


“Cando che gusta onde vives e queres facer cousas pola túa vila, paga a pena ser da comisión de festas”

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...