InicioCulturaAs beirarrúas de Lugo énchense de literatura galega

As beirarrúas de Lugo énchense de literatura galega

Esta iniciativa plasmará no chan 50 citas de 27 autores e autoras ás que se lles adicou o Día das Letras.

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Encher a cidade de cultura” na Semana das Letras. Ese é o propósito que anunciaba o tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, na súa conta de Twitter ao amosar unha iniciativa pola cal as beirarrúas lucenses lucirán desde hoxe citas de autoras galegas. En total, haberá 50 citas de 27 escritores e escritoras ás que se lles adicou o Día das Letras Galegas nalgunha ocasión. Entre eles, por suposto, tamén o homenaxeado deste ano: Ricardo Carvalho Calero, que tan fonda pegada deixou na cidade.

“Debido á imposibilidade de organizar as actividades habituais, decidimos render homenaxe ás nosas escritoras máis destacadas nas rúas de Lugo”, explicou Maite Ferreiro, edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. Ferreiro animou a veciñanza a “aproveitar as saídas á rúa” para atoparen estes pedaciños literarios, pintados grazas á colaboración do artista local Iago Eireos.

Daquela, ao camiñar con Lugo, poderemos descubrir citas de Rosalía de Castro, Castelao, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Antonio Noriega Varela, Luís Pimentel, Ramón Cabanillas, Antón Vilar Ponte, Rafael Dieste, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro, Uxío Novoneyra, Manuel Antonio, Leiras Pulpeiro, Lamas Carvajal, Francisca Herrera Garrido, Celso Emilio Ferreiro, Valentín Paz Andrade, Álvaro Cunqueiro, María Mariño Carou, Lois Pereiro, Roberto Vidal Bolaño, Díaz Castro, Manuel María, María Victoria Moreno, Carlos Casares e Carvalho Calero.

Ademais, dende a área de Cultura explican que tamén se levarán a cabo “accións expansivas e participativas” a través das redes sociais para festexar e reivindicar o Día das Letras Galegas 2020.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...