InicioCulturaA Deputación prepara unha liña de axudas para paliar o impacto da...

A Deputación prepara unha liña de axudas para paliar o impacto da crise nas librarías

A área de Cultura mantivo reunións coa Federación de Librarías de Galicia e coa Asociación de Libreiros de Lugo co fin de coñecer de primeira man as dificultades do sector do libro e editorial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Cultura da Deputación de Lugo está a traballar para implementar medidas que permitan “paliar o impacto da crise da COVID-19 nas librarías e no sector editorial”, segundo informou a vicepresidenta da institución provincial, a nacionalista Maite Ferreiro, quen lamentou que hoxe se celebre, precisamente, o Día do Libro con todos os establecementos pechados.

Para deseñar esas medidas e coñecer de primeira man a situación das librerías que tiveron que pechar as súas portas a causa do estado de alarma, a área de Cultura mantivo nos últimos días reunións con representantes da Federación de Librarías de Galicia e da Asociación de Libreiros de Lugo.

Tras coñecer as impresións dos propios afectados e tomar nota das súas propostas, Ferreiro acaba de avanzar a intención da área de Cultura de “crear unha liña de axudas” específica para contribuír a reactivar este sector. “Na medida das nosas posibilidades, contribuiremos a que cando se relaxe o confinamento e se recupere certa normalidade, as librerías continúen coa súa actividade”, dixo Ferreiro.

De feito, precisou que a actividade das librerías “vai moito máis alá da venda de libros, porque son auténticos focos de cultura e sustentan un sector que involucra a moitos outros colectivos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...