Home Cultura O pulo da arte urbana en Lugo: o Concello busca artistas locais para pintar un mural na Pista Vermella

O pulo da arte urbana en Lugo: o Concello busca artistas locais para pintar un mural na Pista Vermella

0
O pulo da arte urbana en Lugo: o Concello busca artistas locais para pintar un mural na Pista Vermella
A caseta situada a carón da Pista Vermella de baloncesto, en Lugo, cambiará de imaxe cun mural feito por uun artista local | ALX

A área de Deportes do Concello de Lugo busca artistas locais para embelecer cun mural a caseta municipal situada a carón da Pista Vermella. O goberno local recolle así a proposta que lanzou nas redes sociais Guido Álvarez, guía turístico lucense, que pedía apostar pola arte urbana para mellorar a imaxe deste espazo emblemático do baloncesto lugués.

O Concello abriu, entón, unha convocatoria de ideas para o mural, cuxo contido deberá homenaxear a historia do deporte lucense e, especialmente, do basket de rúa. O deseño, de técnica libre sempre que sexa duradeiro no tempo, será escollido mediante votación popular nas redes sociais no vindeiro mes de abril.

Antes, todas as persoas maiores de idade interesadas en participar poderán enviar as súas propostas, ben sexa de forma individual ou colectiva, ao enderezo deportes@concellodelugo.org ata as 23:59 horas do 12 de abril. As bases completas poden consultarse na web do Concello.

Para o edil de Deportes, esta será unha maneira de mellorar o aspecto da caseta da Pista Vermella, pero tamén de darlle pulo á arte urbana e visibilizar o talento dos artistas locais.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here