InicioCulturaO meteorólogo Martín Barreiro anima a "vir a Lugo" en FITUR

O meteorólogo Martín Barreiro anima a “vir a Lugo” en FITUR

A Deputación de Lugo presentará dúas aplicacións móbiles gratuítas para fomentar o turismo na provincia: Iventrip e Lugo 360.

PUBLICADA O

- Advertisement -

‘Lugo, ven!” é o nome da nova campaña da Deputación para promocionar o turismo na provincia a través das novas tecnoloxías. O meteorólogo lucense Martín Barreiro presentará a campaña este xoves en FITUR, a gran feira de turismo internacional celebrada en Madrid.

Martín Barreiro exerce como embaixador da provincia na promoción e consolidación da marca ‘Lugo cambia’. El será quen conduza o acto de presentación da campaña, no que se mostrarán dúas aplicacións móbiles gratuítas que buscan difundir os atractivos turísticos de Lugo.  Canda el, tamén estarán presentes o presidente provincial, José Tomé, e a deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto. Así mesmo, tamén participarán as rexedoras de Lugo e Viveiro, Lara Méndez e María Loureiro, ademais da primeira tenente de alcalde de Monforte de Lemos, Gloria Prada.

IVENTRIP

Para facilitar a planificación das viaxes á provincia, desenvolveuse a app Iventrip, con información sobre 2.500 puntos de interese, tanto de patrimonio natural e cultural como de empresas de turismo activo e adegas. Deste xeito, aspírase a que o visitante poida trazar un roteiro para trasladarse aos lugares que máis lle interesan e acceder a recursos próximos.

EN REALIDADE AUMENTADA

Por outro lado, a ferramenta Lugo 360 ofrecerá a posibilidade de coñecer 25 puntos da provincia mediante a realidade aumentada. De feito, a app permite descubrir catro xeodestinos (Ancares-Courel, A Mariña, Lugo-Terra Chá e Ribeira Sacra) desde calquera dispositivo móbil e busca motivar ao usuario para visitar estes puntos de interese en persoa.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...

O PP acusa a BNG e PSOE de “deixar oco” na Deputación para que entrase o fillo do alcalde de Lugo

Os voceiros do Grupo Municipal, Elena Candia, e do Grupo Provincial do PP, Antonio...