InicioCulturaA Xunta quere facer do cuartel de San Fernando un parador e...

A Xunta quere facer do cuartel de San Fernando un parador e non o Museo da Romanización

Ao conselleiro de Cultura non lle gustan os museos da cidade e aposta "por unha reestruturación da oferta museística da cidade".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, trasladou á plataforma cidadá que apoia que o Museo da Romanización de Galicia se emprace sobre o vello cuartel de San Fernando en Lugo, que dita instalación se leve ao Museo Interactivo da Historia (MIHL) para converter o cuartel nun parador.

Esta proposta enmárcase dentro do que se denominou como ‘Proxecto Integral para ou impulso do turismo cultural en Lugo‘, que tamén contempla que o futuro Museo de Arte Contemporánea de Galicia se sitúe sobre as ruínas do Pazo de Dona Urraca, no céntrico barrio da Tineria.

Rodríguez explicou este mércores en Lugo que a formulación pasa “por unha reestruturación da oferta museística da cidade“. “Entendemos que hai un equipamento cultural moi potente que é o MIHL que está infrautilizado (sobre 4500 visitas o pasado ano e a uns sete minutos do Cuartel de San Fernando) e podería ser un elemento importantísimo para a posta en marcha dunha oferta museística que dinamice a cidade“, sinalou.

“E ese uso vinculado ao museo da romanización, ese museo funcionaría acorde aos novos principios da lei de Museos que se vai a aprobar en breve, funcionaría en rede e en perspectiva integral con outros equipamentos museísticos da cidade e da contorna próxima para dar unha oferta global; pensemos no Castro de Viladonga, en Bóveda ou noutros equipamentos e tamén no propio cuartel de San Fernando chamado a ter unha parte expositiva”, concretou.

En canto ao cuartel, alí quérese situar, “despois de facer un estudo de viabilidade, un parador, pero un parador non é só un hotel senón un espazo aberto ao público, moi vinculado en ocasións ás actividades expositivas e sería unha especie de parador museo”, comentou.

O investimento para isto último ascendería a dez millóns de euros, comprometéndose a Xunta a achegar o cincuenta por cento do total desta consignación. Segundo comentou, ese parador ofrecería un servizo “de 45 habitacións, máis de cen prazas, tres salóns, un restaurante e un salón de xantares”. “En cifras expomos unha rehabilitación ao redor de 4000 mil metros cadrados”, estimou.

Agora todo estes proxectos trasladaranse ao Concello de Lugo, despois de advertir o conselleiro que por parte da plataforma, que integran veciños e comerciantes, a idea fora acollida de forma “positiva”.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...