InicioCulturaMúsica, fotos e charlas para homenaxear a protección internacional da Muralla de...

Música, fotos e charlas para homenaxear a protección internacional da Muralla de Lugo

Este monumento fai esta semana 19 anos como Patrimonio da Humanidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Charlas, exposicións, fotomatóns ou música. Son as distintas actividades que o Concello de Lugo organiza esta semana e a vindeira para conmemorar os 19 anos da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, deu a coñecer este luns o conxunto de actividades lúdicas e formativas que teñen como obxectivo, segundo declarou, “lembrar a implicación das institucións e da veciñanza de Lugo para conseguir que a nosa Muralla fose declarada Patrimonio da Humanidade”. Por iso, animou a todas as veciñas “a gozar da muralla e a asistir ás distintas actividades que celebran esta data tan sinalada para a cidade”.

Así, o vindeiro mércores 27 de novembro, ás 18 horas, o patio do Vello Cárcere acollerá á artista Luz Darriba, que inaugurará a súa exposición “Amurallando os soños II Cumulum 2000 – 2019”, que tratará sobre a acción realizada pola artista no ano 2000.

O sábado 30, o día do XIX aniversario, o fotomatón gratuíto “A Muralla e Ti”, que nesta fin de semana realizou xa 300 fotos de veciñas e veciños que quixeron colaborar a construír unha muralla de persoas, volverá estar instalado na praza Maior de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas. A partir das 13 horas, a Banda Filharmónica Infantil realizará un concerto diante da Mosqueira que, en caso de choiva, será trasladado ao patio do Vello Cárcere. A xornada rematará co concerto de Solo Voces, “Que  o Camiño nos leve a atoparnos”, ás 19:30 horas no patio do Vello Cárcere.

As actividades rematarán o vindeiro martes, 3 de decembro, no Auditorio do Vello Cárcere onde, a partir das 19 horas terá lugar a mesa redonda “Implicación das institucións na consecución do recoñecemento da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade”, moderada por Rubén Arroxo, e que contará con Branca Rodríguez Pazos e Cándido López Castiñeira. Ás 20 horas, Adolfo de Abel Vilela impartirá unha conferencia baixo o título “O dilema histórico da importancia da Muralla como monumento”.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...